A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra grava Hansel e Gretel

O libro-CD editado por OQO presentouse no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil

21/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha interpretación da primeira versión do conto dos irmáns Grimm. Tina Maroto, no texto e Iratxe López de Munáin a cargo das ilustracións gañaron o certame Cociña de Contos coa súa versión de Hansel e Gretel. Agora, OQO editora presenta o volume premiado, nunha edición que inclúe un CD no que a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra interpreta seis fragmentos da ópera orixinal que Engelbert Humperdinck compuxera a partir do texto dos Grimm. O volume, que se gravou o pasado mes de novembro do Pazo da Cultura, presentouse o pasado 14 de marzo cun concerto ao vivo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, OQO, Contos, Ópera...