Iratxe López gaña o Premio Europeo de Ilustración Cociña de Contos

A editorial OQO impulsa este galardón, ao que se presentaron 161 propostas

20/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Ilustración de Iratxe López para Hansel e Gretel

A súa proposta para o clásico conto Hansel e Gretel valeulle a Iratxe López de Munáin facerse co Premio Europeo de Ilustración Cociña de Contos que convoca a editora galega OQO. Lópe impúxose entre as 161 propostas que se presentaron ao certame e recibirá 3.000 euros ademais de ver o seu libro publicado en galego, español, portugués e polaco. A obra presentarase no vindeiro Salón do Libro de Pontevedra, onde ademais se poderá ver unha exposición cos 15 traballos finalistas, que itinerará despois por diferntes localizacións.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, OQO, Portugués, Pontevedra

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares