O II Salón do Libro Galego comeza hoxe en Pontevedra ó dÃa seguinte de se ter pechado na cidade do Lérez o Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrou durante a pasada semana. Presentacións de libros, sinaturas de exemplares e outras actividades continuarán a actividade literaria de Pontevedra ata o dÃa 23.
Unha soa carpa
Unha das peculiaridades desta edición do salón que organiza a Asociación Galega de Editores é a de acoller nunha soa carpa os representantes das editoriais. Os libros que se exporán na praza de Ourense estarán divididos nas seccións de literatura infantil, ensaio, poesÃa e outros libros de referencia. Con este xeito de presentarse ó público a Asociación de Editores pretende rachar a tradicional división en postos individuais
Programa
Xa o primeiro dÃa do Salón os autore Adela Leiro e Mon da Porta asinarán as súas obras e manterán un encontro cos xornalistas e presentarase a Enciclopedia Temática Ilustrada de A Nosa Terra. Durante a xornada do martes presentarase o libro "Relatos Solidarios" e presentaranse as novidades da Deputación de Pontevedra, ademais da obra "Castelao, unha historia do nacionalismo galego". As nove da noite emitirase desde a carpa o programa Diario Cultural da Radio Galega. O mércores Manolo Rivas asinará as súas obras e presentarase a colección "As recetas da cociña galega" de Paco Feixó. Para o xoves está prevista a asistencia de Xoan Carlos Caneiro e a presentación-concerto de "Solo de Gaita" de Xesús Vaamonde. O venres acudirá ó Salón Xurxo Borrazás e pola tarde realizarase unha sesión de contacontos.
Fin do Salón do Libro Infantil
Pola súa banda o Salón do Libro Infantil e xuvenil que se veu celebrando na cidade do Lérez durante a semana pasada clausurouse onte cunha representación do grupo Teatro Alla Scala. Calcúlase que uns 3000 rapaces participaron nos contacontos, concertos e obradoiros da programación. A Asociación Socio-Pedagóxica Galga, o Colectivo Máis Libros e o Concello, entidades organizadoras, amosaron a súa satisfacción polo éxito acadado.