O Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra ten de protagonistas os seres imaxinarios

Os monstros dos libros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Salón internacional do libro infantil e xuvenil que vai celebrarse en Pontevedra entre o 1 e o 8 de febreiro terá como núcleo central temático a “Fauna máxica”. Nesta quinta edición o salón presenta xa un programa de actividades e exposicións pechado para os oito días que estará enchendo o recinto do Pazo da Cultura. O Salón acollerá unha ampla mostra de libros en galego, castelán e portugués e fará xirar as súas actividades arredor desa temática central de personaxes que son creación da imaxinación humana. Os centros escolares da comarca levan traballando neste tema desde o principio de curso e o material elaborado polos alumnos formará parte dunha exposición e será publicado nun libro.

Maís información no web do Salón do libro

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Portugués, Exposicións

Claves

Lugares