A VI Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra estará dedicada aos clásicos do xénero

O salón dos pequenos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os douscentos anos do nacemento de Hans Christian Andersen, o centenario da morte de Xulio Verne, os catrocentos anos do Quixote e o medio século de "O Señor dos Aneis" son os aniversarios que celebrará a VI Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Entre o trinta e xaneiro e o cinco de febreiro exposicións, obradoiros e conferencias arredor do libro para os máis pequenos enchen o programa, que conta coa presenza de Juan José Millás e Gustavo Martín Garzo. As xornadas abrirán cun pregón de Bernardino Graña e fecharán cunha homenaxe a Xosé Neira Vilas.

Máis información no web do Salón e en Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Clásicos, Bernardino Graña, Hans Christian Andersen...