Preséntase en Madrid a VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrará en Pontevedra o vindeiro mes

O salón en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A principal cita da literatura para o máis novos no noso país, o VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil, preséntase mañá en Madrid. Representantes da Consellaría de Cultura, do Concello de Pontevedra, da Asociación Máis Libros e da Asociación Socio-Pedagóxica Galega achegarán as novidades deste evento, que se celebrará en Pontevedra entre os días cinco e once de febreiro. Conferencias, actuacións teatrais e de danza, presentacións e exposicións compoñen un nutrido programa que terá como eixe a natureza. Autores e ilustradores da talla de Ana María Matute, Juan Kruz, Miquel Desclot ou ana Romero Yebra visitarán a cidade do Lérez para este evento.

Máis información en Diario de Pontevedra e nos nosos arquivos; o programa do salón en PDF

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Culturagalega, Danza, Natureza...