Pontevedra celebra o III Salón de libro alentando a creatividade nos nenos

A arte de inventar historias

Libros, nenos e un universo máxico encherán toda esta semana o Pazo da Cultura de Pontevedra. Trátase da III Edición do Salón do Libro Infantil que arrincou onte na cidade do Lérez co obxectivo de estimular a creatividade e o gusto pola lectura entre os máis novos. Cursos, recitais de lectura e pequenos eventos conforman o programa de actos dun Salón que organizan o Concello de Pontevedra, a Asociación Socio Pedagóxica Galega e outras asociacións.


O salón dos nenos



O Salón pretende ir mentalizando e educando ós máis novos na cultura da lectura. Un paso para atallar de base os baixos índices de lectura que revelan as estatísticas. Por ese motivo o salón céntrase, sobre todo, en achegar os libros a través de exposicións colectivas e recrear para eles un mundo máxico e mítico que lles resulte atractivo. O Salón do libro de Pontevedra é unha realidade polo labor conxunto do Concello, da Asociación Socio-Pedagóxia e doutras asociacións pontevedresas interesadas no tema.
E para inaugurar o Salón, os organizadores celebraron unha xuntanza de lectura colectiva no que participaron case medio centenar de persoas, nos que detsacaron políticos, xornalistas, intelectuais e membros de asociacións e insitutción. Persoeiros de diferentes partes que se pasearon polo escenario do Pazo da Cultura para ler pequeno contos, pequnas historias nesta edición que leva por lema "A arte de inventar historias".
E para recrear o ambiente os alumnos de Pedagoxía da Facultade de Belas Artes tamén teñen un papel importante xa que poñen cor e son. Os alumnos de terceiro transormarán as salas para recrear unha atmosfera propicia para a lectura e os de cuarto participarán nunha exposición con referencias ó escultor francés Rodin.













Cursos e outras actividades



Ademais das sesións de lectura colectiva a Asociación Socio-Pedagóxica galega tamén ten prevista outras actividades. Son os cursos de formación ós que se poden anotar todos os que queiran durante o día de hoxe (ó teléfono da asociación 986 85 27 10 ou no propio Pazo da Cultura). Son cursos que preende instruir en claves da imaxinacion fantástica da literatura infantil que máis se vende hoxe en día (para o que estará Federico Martín), nos xogos para manipular títeres e marionetas (para o que contarán coa presencia de Jose Antonio López, integrante do Grupo Rodari de Acción Educativa) e na ilustración infantil de contos e cómo relatalos.