A mentira protagoniza o Salón do Libro de Pontevedra

O evento celébrase entre o 6 de febreiro e o 19 de marzo

26/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

É mentira é o lema que guía a programación do XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O evento, que se desenvolverá entre o 6 de febreiro e o 19 de marzo, estará dedicado aos límites da falsidade e o su papel na literatura os máis novos. O programa inclúe unha homenaxe a Gloria Sánchez, que asistirá ao evento e protagonizará unha exposición canda a outros creadores do xénero como Miguel Vázquez Freire. Obradoiros, teatro, contacontos ou visitas guiadas polo casco histórico da cidade son algunhas das propostas incluídas nesta edición.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Miguel Vázquez Freire, Gloria Sánchez, Miguel Vázquez Freire...