O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega á XI edición

O evento celébrase entre o 7 de febreiro ao 14 de marzo

26/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cartaz do Salón

A partir do vindeiro 7 de febreiro, os amantes da literatura para os máis novos teñen a súa cita en Pontevedra. A XI Edición do Salón do Libro, dedicada nesta ocasión á cidade, achega un bo feixe de actividades. Unha ampla oferta de espectáculos e teatro compoñen o groso da oferta de ocio. Canda a isto poderán verse exposicións sobre a obra de Agustín Fernández Fernández Paz, o traballo de Xosé Cobas ou as habituais mostras de traballos escolares. Obradoiros de construción de títeres ou animación á lecturas para adultos, visitas guiadas ou a actividade Nenos Contadores para os máis novos completan a oferta desta xeira. Agustín Fernández Paz será o autor homenaxado nesta ocasión, nun acto que se desenvolverá o 13 de marzo ás 13h no Pazo da Cultura de Pontevedra

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Agustín Fernández Paz, Literatura, Exposicións...