Santi Prego / Actor

Santi Prego

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Santi Prego
Santi Prego
Actor
Nome completo: Santiago Prego Cabeza
Vigo (Pontevedra) 1962   
Web propia



Intérprete iniciado no teatro a finais dos oitenta, representou coa Escola Dramática Galega e con Ollomol Teatro Submariño e Ollomoltranvía, das que ademais foi cofundador. Desde 1990 participa en numerosas longametraxes de produción galega e foránea. En televisión, combina traballos na TVG (encarnou Lito en "Rías Baixas")con papeis en series das canles privadas españolas (“Compañeros”, “Hospital Central”), ademais de aparicións en programas de entretemento. Tamén ten experiencia en dirección de teatro, como narrador oral e como contacontos.

Premios e recoñecementos: Premio ao mellor actor nos festivais de curtametraxes de Alcalá de Henares e Zaragoza en 2001.


Formación específica: Cursos de interpretación con Ernesto Caballero, Antonio Fava e Philippe Gaulier. Participou en diversos proxectos da Escola de Imaxe e Son da Coruña con Antoni Chic Escola e Paco Pino. Asistiu a cursos de escritura de comedias e dirección de actores.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Santi Prego

Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Santi Prego

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Santi Prego (11)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org