O Festival Atlántica de narración oral retoma a súa programación interrompida pola pandemia

Celebrarase en novembro e decembro

Cartel do Festival Atlántica.
Cartel do Festival Atlántica.
O Festival Atlántica de Narración Oral ficara interrompido pola declaración do estado de alarma e o confinamento anterior do mes de marzo. Agora, o Festival retoma a súa programación en diferentes cidades galegas, pero tamén nun formato "híbrido", combinando actividades presenciais e virtuais. Será os días 5, 6, 7 e 13 de novembro e o 5 e 6 de decembro, "garantindo, en todo momento, o cumprimento das medidas anticovid e a seguridade das persoas asistentes". Serán en total 24 espectáculos nos que participarán os narradores Noelia Carioca (Salamanca), José Luis Gutiérrez ‘Guti’, (Zamora), Rubén Martínez Santana (Venezuela), Fernando Saldaña (Salamanca), Sandra Araguas (Huesca) e mais os galegos Ramiro Neira, Charo Pita, Pablo Díaz, Santi Prego e Sole Felloza. Pódese consultar a programación e reservar (obrigatoriamente) as entradas no web do Festival.