O filme "Matria", de Álvaro Gago sae do Festival de Málaga con dous recoñecementos encarando con eles a súa estrea en cines, este vindeiro venres. A protagonista do filme, a actriz María Vázquez, recolleu en Málaga o premio Biznaga de Plata á mellor interpretación feminina que outorga o xurado do festival polo seu traballo no papel de Ramona, a figura arredor da que xira a película "Matria". A cinta, baseada nunha anterior curtametraxe co mesmo título do realizador arousán, Álvaro Gago, é a súa primeira longametraxe, e recibiu tamén no evento malagueño o Premio ASECAN Ópera Prima da sección oficial de longametraxes. "Matria" conta a historia de Ramona, unha muller que vive nunha vila de Galicia sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara a dentro e a pensar que, tal vez, haxa algo novo polo que vivir.María Vázquez interpreta a Ramona. Completan o reparto Soraya Luaces, Santi Prego, Eduardo R. Cunha 'Tatán', Susana Sampedro e Francisca Iglesias, protagonista da curtametraxe e da historia real na que se inspira o filme.
O filme amosouse o pasado xoves en Vilanova de Arousa, nun pase de preestrea especial no Auditorio Municipal Valle-Inclán ao que acudiron autoridades e parte do equipo da película, para chegar este venres ás salas de cine de toda España. "Matria" poderá verse inicialmente en 42 salas de oito comunidades do Estado. Só en Galicia estará presente en 22 salas das catro provincias: Yelmo Espacio Coruña; Cinesa Marineda City (A Coruña); Cantones Cines (A Coruña); Xunqueira (Cee); Duplex (Ferrol); Odeón Multicines (Narón); Cines Compostela (Santiago de Compostela); Cines Numax (Santiago de Compostela); en Lugo estará en Codex Cinema; Multicines Cristal e Yelmo As Termas; Cines Viveiro (Viveiro); Ponte Vella (Ourense); Cinexpo (Pontevedra); Avenida (Caldas de Reis); Multicines Central (A Estrada); Cines Seixo (Marín); Multicines Norte (Vigo); Yelmo Premium Vialia (Vigo); Yelmo Vigo (Vigo); Gran Vía Cines (Vigo); Gran Arousa Multicines (Vilagarcía).