'Matria', a primeira longametraxe de Álvaro Gago (Vigo, 1986), participará na Berlinale, un dos festivais de cine máis importantes do mundo, que se celebra en Berlín do 16 ao 26 de febreiro. Alí a película terá a súa estrea mundial o día 17 de febreiro, a competición dentro da sección Panorama. 'Matria' parte da personaxe principal da curtametraxe homónima realizada en 2017 que levou a Álvaro Gago a recibir innumerables recoñecementos a nivel nacional e internacional, como o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018 ou a selección como finalista ao Goya á Mellor Curtametraxe de Ficción en 2019. Con 'Matria' serán dúas as producións que levan historias galegas ao festival Internacional de Berlín, xa que tamén se presentará alí a película 'Sica', longametraxe da directora catalá Carla Subirana que foi seleccionada para participar na sección Generation. A longametraxe, rodada integramente na Costa da Morte e en galego está participada na produción por Miramemira
Rodada tamén en galego en distintas localizacións do Salnés e de Pontevedra,'Matria' está producida por Matriuska Producciones, Avalon P.C, Elastica Films, Ringo Media e Felicidad La Película, AIE. Avalon encargarase da distribución nacional, con estrea en cinemas o vindeiro 24 de marzo, e New Europe Film Sales ocúpase das vendas internacionais. A cinta conta a historia de Ramona, que vive nunha vila de Galicia sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara a dentro e a pensar que, tal vez, haxa algo novo polo que vivir. María Vázquez (O corpo aberto, Trote, Quen a fierro mata) interpreta a Ramona. Completan o reparto Soraya Luaces, Santi Prego, Eduardo R. Cunha 'Tatán', Susana Sampedro e Francisca Iglesias, protagonista da curtametraxe e da historia real na que se inspira o filme.