María Liaño / Xefa de produción

María Liaño

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 María Liaño
María Liaño
Xefa de produción
Nome completo: María Liaño Español
    



Traballa na produción audiovisual desde finais dos anos noventa, con especial experiencia en longametraxes, mais tamén en teleseries e curtas. O seu labor céntrase sobre todo na dirección e xefatura de produción, aínda que ademais ten desenvolvido produción delegada (Lena) e coordinación de produción (O río ten mans), incluindo proxectos internacionais con paises como Portugal, Dinamarca ou Arxentina. Tamén é actriz de dobraxe desde 1985. Preside a Asociación dos Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA).

Premios e recoñecementos: Premio AGAPI 1999 á Mellor Dirección de Produción por Arde amor de Raúl Veiga. Premio Mestre Mateo 2003 da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Dirección e/ou Xefatura de Produción por O lapis do carpinteiro de Antón Reixa e Secuestrados en Xeorxia de Gustavo Balza. Premio á mellor dirección de produción nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por Hotel Tívoli. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor dirección de produción por Os mortos van ás présas. Por 18 comidas levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor dirección de produción. Mereceu o premio Mestre Mateo á mellor dirección de produción, na gala celebrada 2014, por Todos os santos, mais renunciou a el denunciando as condicións lamentables dos traballadores do audiovisual.


FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de María Liaño

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de María Liaño (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org