Xosé Morais / Guionista

Xosé Morais

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xosé Morais
Xosé Morais
Guionista
Nome completo: Xosé Morais
A Coruña 1972   



Socio fundador de Portozás Visión, é director do departamento creativo da agora renomeada productora (Filmanova), ademais de guionista e escritor. Escribiu, xunto a Antón Reixa, a adaptación ao cine da novela de Manuel Rivas “O lapis do carpinteiro”. Foi guionista e editor da serie “Mareas Vivas”. Creou, escribiu e editou a serie “Galicia Exprés” para TVG, e foi, tamén, guionista e editor da serie “Nada es para siempre” para Antena 3. Así mesmo, participou no guión da serie documental “Chunda Chunda” de TVG. Foi xefe de guión da produtora Vídeo Voz. Ten exercido como crítico de cine, redactor e presentador de varios programas radiofónicos.

Premios e recoñecementos: Obtivo o Premio Mihura de Teatro en 1992 coa obra “Los Ahorcados”.


Formación específica: Licenciado en Ciencias da Información.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xosé Morais (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org