Paula Cons recibe o premio do certame de guións da Fundación Araguaney no marco das xornadas sobre o guión

Guións con curtas

O guión é o protagonista das xornadas organizadas pola Fundación Araguaney e que rematan hoxe na cidade compostelá coa visita de Xosé Cermeño, Antón Reixa e Xosé Morais. Ó remate entregarase o premio do Concurso de Guións Camiño do Xacobeo que recaeu en Paula Cons por “Ideas peregrinas”. Máis lonxe, en Zaragoza a curtametraxe de producción galega “Ciclo” recibiu o premio a mellor banda sonora orixinal . E de curtametraxes estará chea a Nasa que comeza hoxe o ciclo Fanzinasa, na que se exhibirán cinco curtas que serán presentadas en directo polos seus responsables.






Máis información sobre os premios da Fundación Araguaney en
El Correo Gallego e na Nasa sobre o ciclo de curtametraxes