Josito Porto / Actor

Josito Porto

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Josito Porto
Josito Porto
Actor
Nome completo: Xosé A. Porto
Vilagarcía de Arousa 1967   



Intérprete con longa experiencia dramática, comezou no teatro a primeiros dos oitenta e desde entón ten traballado con compañías como o CDG ou Sarabela Teatro. Ao inicio dos noventa incorpórase ao sector audiovisual, tendo desde 1999 o papel fixo de Tuto en "Pratos combinados". Participou en videoclips do Xabarín Club e en numerosas teleseries autonómicas de ficción ao longo desta década, para a partir de 2001 facer roles episódicos en series españolas de Tele 5 (Abogados, 2001) ou TVE (Cuéntame como pasó, 2003). Tamén ten unha decena de participacións cinematográficas como en "A los que aman" (I. Coixet 1997).

Premios e recoñecementos: Premio María Casares de teatro 1998 ao mellor actor protagonista pola obra Nano. Premio María Casares 2002 ao mellor actor secundario por Sexismunda.


Formación específica: Estudos musicais: Solfeo, 1º a 3º de piano, canto coral, curso de canto co barítono Fernando Balboa. Curso de verso, cursos de ortofonía e dición impartido por M. Lourenzo e C. Domínguez. Curso de bufóns impartido por Fabio Mangolini. Curso de comedia dell’ arte impartido por Fabio Mangolini. Curso de interpretación ante a cámara impartido por Antoni Chic. Curso de cabaret impartido por Ángel Burgos.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Josito Porto

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Josito Porto

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Josito Porto (21)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org