O Teatro Principal de Ourense acollerá este xoves a estrea do novo espectáculo da compañÃa Sarabela. En "Made in Galiza" os ourensáns adaptan á escena o libro de relatos do mesmo tÃtulo de Sechu Sende, publicado no ano 2007. O resultado é unha obra que transita por momentos recoñecibles no dÃa a dÃa e combina temas de sociolingüÃstica con maneiras de vivir e pensar ás que chegar mediante o lúdico e o divertido. Fina Calleja dirixe o espectáculo e asina a dramaturxia xunto con Fernando Dacosta. O elenco está conformado polo propio Dacosta xunto con Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto. En "Made in Galiza" podemos topar un mosaico de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións, unha palabra común. Tamén grupos de personaxes moi diferentes: un ladrón de palabras, mozos namorados, homes e mulleres desorientados ou unha vendedora de palabras. A montaxe estará na carteleira do Teatro Principal de Ourense os dÃas 21, 22 e 23 de setembro. As seguintes datas confirmadas pasan ao 24 de novembro en Boiro e o 2 de decembro en Rianxo.