Sarabela Teatro estrea o vindeiro venres 23 de febreiro no Teatro Principal de Ourense o seu novo espectáculo, 'O dragón de ouro', co que a compañía adapta ao galego un dos textos do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig. Baixo a dirección de Ánxela Cuña e con tradución de Catuxa López Pato, para a que se contou coa colaboración do Instituto Goethe, a obra preséntase como unha "traxedia contemporánea performática con elementos grotescos". Aborda temas como a emigración ilegal, a explotación laboral dos "sen papeis" e o desexo de cambiar as condicións de vida. Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Fran Lareu son os actores e actrices que forman parte do elenco, interpretando 17 personaxes a un ritmo trepidante nunha fábula que cuestiona a deshumanización.
A posta en escena mestura performance e comedia cun estilo narrativo cinematográfico, polos seus cortes rápidos e fundidos cruzados. A trama desenvólvese cando unha noite, nun edificio de varios pisos nun lugar de Europa, un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida O dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa á súa irmá desaparecida. A partir desa escena, a peza transita polos distintos andares do edificio e das historias dos personaxes que o habitan. Iris Branco (escenografía), Ruth Pereira (deseño de vestiario), Vadim Yukhnevich (composición musical), Baltasar Patiño (deseño de iluminación) e Rut Balbís (dramaturxia de movemento) completan o equipo de Sarabela Teatro para esta nova montaxe. A obra ofrece un pase para escolares o venres e poderá verse tamén os días 24 e 25. Tras o seu paso por Ourense, 'O dragón de ouro' visitará o 20 de abril no Pazo da Cultura de Narón.