Sarabela Teatro estrea o próximo 19 de setembro no Teatro Principal de Ourense o seu novo espectáculo, 'A cincenta que non querÃa comer perdices'. A obra terá un pase previo para escolares o mércores 18 de setembro. O espectáculo pon en escena o conto escrito por Nunila López Salamero xunto coa artista plástica Myriam Cameros Sierra a petición dun grupo de mulleres vÃtimas de malos tratos. Publicado pola editorial Planeta en 2009 con prólogo de Maruja Torres, recibiu o Premio Racimo ese mesmo ano. O texto de base desta montaxe é un conto moderno que revisa con humor o papel que xogaron na historia os relatos de fadas nos que se acaba por promover o rol das nenas como entes pasivos que se limitan a agardar a que lles pidan a man. AsÃ, o texto presenta unha moza perdida que pouco a pouco irá desmontando as historias de princesas liberadas por prÃncipes azuis que, en moitos casos, saen ras. Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo conforman o elenco actoral baixo a dirección de Fina Calleja, responsable da dramaturxia xunto a Nate Borrajo. A escenografÃa é de Amenosde7metros e o soporte audiovisual de Iris Blanco. Complétase con Renata Codda Fons na creación do espazo sonoro, Baltasar Patiño no deseño de iluminación, e Rut BalbÃs na coreografÃa.