Sarabela dá unha lección de regras

A compañía ourensá estreou esta fin de semana Normas para saber vivir na sociedade actual

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Sarabela dá unha lección de regras

O Auditorio Municipal de Ourense acollía este venres a nova estrea de Sarabela Teatro. Ánxeles Cuña dirixe Normas para saber vivir na sociedade actual, un texto de Jean-Luc Lagarce que poñen en escena Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta. Canda a eles, Vadzim Yukhnevich pon música ao vivo co seu acordeón. A montaxe adapta o monólogo orixinal do autor a cinco voces nunha liña que se afasta do percurso habitual da compañías e se achega a correntes escénicas contemporáneas. Sarabela leva así a escena unha crítica feroz dos costumes e normas sociais a partir de cuestións aparentemente triviais. As vindeiras citas da montaxe serán en Lalín (28 de outubro), e de novo Ourense entre o 30 e novembro e o 2 de decembro.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando DaCosta, Sabela, Teatro, Auditorio Municipal de Ourense...