Sarabela Teatro leva ás taboas a Saramago

Estrea esta noite Ensaio sobre a cegueira en Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Sarabela Teatro leva ás taboas a Saramago

O Auditorio Municipal de Ourense acolle ás 21 horas de hoxe a estrea de Ensaio sobre a cegueira. Sarabela Teatro leva ás táboas a novela de José Saramago nunha montaxe de gran formato na que integra un filme realizado por Jorge Coira e Gaspar Broullón no hospital psiquiátrico de Toén. Fina Calleja, Sabela Gago, Vicente Montoto, Fernando Dacosta, Xavier Estévez, Josito Porto, Elena Seijo, Nate Borrajo e Jorge Casas actúan nunha montaxe que dirixe Ánxeles Cuña. Ademais da sesión de hoxe, a produción continuará en Ourense ata o vindeiro sábado 26. Segundo explica a compañía, a obra "é a ficción dun autor que nos alerta sobre a responsabilidade de ter ollos cando outros xa os perderon".

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sarabela Teatro, Ensaio, Sabela...