Sarabela Teatro estrea A lingua das bolboretas en Ourense

A posta de longo da obra será no Auditorio Municipal os días 16 e 17 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Sarabela Teatro estrea A lingua das bolboretas en Ourense

Os textos de Manuel Rivas A traxectoria do balón e A lingua das bolboretas son a base sobre a que Sarabela Teatro artellou a súa última montaxe. A lingua das bolboretas chega ás táboas por vez primeira este mércores 16 de setembro no Auditorio Municipal de Ourense baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, cunha segunda sesión o día 17. Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Josito Porto e César 'Goldi' encarnan os protagonistas dunha obra na que "o espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola" e "é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sarabela Teatro, Sabela, Manuel Rivas...