A TVG emitirá a versión audiovisual de 'Crónicas do paraíso' de Sarabela Teatro

A compañía ourensá comeza a preparar a adaptación á escena de 'A lingua das bolboretas'

A compañía ourensá comeza a preparar a adaptación á escena de 'A lingua das bolboretas'
Representación de 'Crónicas do paraíso' de Sarabela Teatro Foto: Sarabela Teatro
A compañía ourensá Sarabela Teatro está de actualidade por causa dupla. A adaptación a televisión da súa obra de teatro Crónicas do paraíso, en colaboración coa produtora Ollovivo, é o proxecto seleccionado pola CRTVG, de entre os 20 presentados, no marco das súas medidas extraordinarias de apoio ao sector audiovisual e creativo galego, neste caso para compañías e produtoras teatrais. Crónicas do paraíso é unha versión libre da obra As crónicas do sochantre, do escritor Álvaro Cunqueiro. Baixo a dirección de Luis Avilés, a obra está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago e será emitida pola Televisión de Galicia. Ademais a compañía ven de iniciar os traballo para levar aos escenarios a obra literaria de Manuel Rivas, A lingua das bolboretas coa que Sarabela celebrará os seus 40 anos de actividade teatral. escortbayan.xxx/istanbul