Antonio Durán “Morris” / Actor

Antonio Durán “Morris”

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Antonio Durán “Morris”
Antonio Durán “Morris”
Actor
Nome completo: Antonio Durán Moreira
Vigo 1959   



Cunha longa experiencia interpretativa en teatro, é un dos profesionais máis coñecidos das producións televisivas galegas. Actor e presentador en diversos programas da TVG desde os seus inicios a mediados dos 80, popularizouse co papel de Antón en Pratos combinados e anos máis tarde como o alcalde de Padre Casares. Participou tamén en teleseries de Tele 5 e Antena 3 e nalgunhas das longametraxes de maior sona rodadas en Galicia. Ten traballado en dúas ducias de obras de teatro desde 1978, especialmente en montaxes do CDG e da compañía Artello, da que foi cofundador.

Premios e recoñecementos: Premio ao mellor actor secundario por O partido nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007). Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor interpretación masculina protagonista por Doentes. Premio de Honra Pedigree´11 no IX Festival de Cans (2012).


FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 27 videos de Antonio Durán “Morris”

Arquivos de audio


  • Fala o Mestre Mutenrohi

Galería de imaxes | ver As 23 fotos de Antonio Durán “Morris”

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Antonio Durán “Morris” (71)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org