Na década dos 1950 o Hostal dos Reis Católicos -daquela Hospital Real- botou á rúa os doentes, peregrinos e pobres para converterse nun hotel de luxo. Un vello cura castrense presunto ferido de guerra, acompañado dun tísico, queda así á intemperie na miserable noite compostelá, e tenta tirar de todos os fíos que lle quedan para recuperar un acubillo. Historia baseada na obra dramática orixinal de Roberto Vidal Bolaño. Estrea 20/5/11. Palmarés: Foi unha das grandes vencedoras dos Premio Mestre Mateo 2011 (entregados en 2012), gañando varios dos galardóns principais, incluíndo mellor longametraxe de ficción e mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán, Morris. |
Ficha artística
Dirección:
/
Gustavo Balza
Dirección artística:
/
Alexandra Fernández
Dirección de produción:
/
Enrique Batet
Dirección fotografía:
/
Suso Bello
Guionista:
/
Gustavo Balza
/
Roberto G. Méndez
Intérpretes:
/
Rosa Álvarez
/
Xosé Bonome
/
Evaristo Calvo
/
Ernesto Chao
/
Laura Ponte
/
María Vázquez
/
Roberto “Luna” Sánchez
/
Antonio Durán “Morris”
/
Xosé Manuel Olveira “Pico”
Montaxe:
/
Sandra Sánchez
Música:
/
Bieito Romero
Produción Executiva:
/
Antón Reixa
/
Francisco G. Santos
Ficha técnica
Produtora
/
Filmanova Invest
/
Zircocine, S.L.
Subvención ou axuda pública
/
Agadic
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Doentes
Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego (5 copias en galego en salas comerciais: Filmax na Coruña, Multicines Centro en Lugo, Cines Compostela en Santiago, cines Praza Elíptica en Vigo, Multicines Gran Arousa en Vilagarcía)
Importe subvencións: 300.000 €
Capital Galego: 100 %
vIDEOS | VER todos os videos de Doentes (1)
Documentos
-
| Doentes.