Actor
Nome completo: Xosé Manuel Olveira Gallardo
Esteiro (Muros) 1955 2013 Santiago de Compostela
Actor de teatro desde 1972, participou en máis de trinta obras de numerosas compañías (grupo Ditea, CDG, etc). As catro primeiras producións cinematográficas nas que participou estaban dirixidas por Chano Piñeiro, abranguendo unha curta, unha mediametraxe e dúas longas. Participou nunha vintena de filmes a partir de mediados dos 80 aínda que foi tanto ou máis coñecido pola súa faceta humorística en programas como O veciño do xoves ou teleseries como Pratos combinados, ambas da TVG. Tamén traballou en radio e en publicidade. Foi nomeado presidente da Academia Galega do Audiovisual en 2009.
Premios e recoñecementos: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van ás présas. Por Retornos levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto. Recibiu o Premio Augusta ao mellor actor no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista en Simbad.
FILMOGRAFÍA
- Somos xente honrada (2012)
- Tourilandia (2012)
- Sinbad (2011)
- Romántica (2010)
- 18 comidas (2010)
- Fútbol de alterne (2010)
- Doentes (2010)
- Profesión actor (2010)
- Amor ansioso (2010)
- Os mortos van ás présas (2009)
- Cela 211 (2009)
- Retornos (2009)
- O Nordés (2009)
- Mar libre (2009)
- Chámome Rama (2009)
- Padre Casares (2008)
- Sombras na noite (2008)
- O espello (2008)
- A noite que deixou de chover (2008)
- O Apóstolo (2008)
- Air Galicia (2007)
- Zapping comando (2006)
- A canción de Fémerlin (2005)
- A vida que che espera (2004)
- Mar vermello (2004)
- A boa caligrafía (2004)
- Esperando (2004)
- Bobo Furcia (2002)
- A subela (2002)
- Entre bateas (2001)
- Xinetes na tormenta (2001)
- Un mundo de historias (2000)
- Blanca Madison (2000)
- Alzheimer (2000)
- A lingua das bolboretas (1999)
- Unha luz encendida (1999)
- Mareas vivas (1998)
- O cambio (2) (1997)
- Pratos combinados (1995)
- A todo tren (1995)
- Macana de dote, che (1991)
- Memorias dun parado (1991)
- Os outros feirantes (1989)
- Esperanza (1986)
- Os paxaros morren no aire (1977)
Videos | Ver 18 videos de Xosé Manuel Olveira “Pico”
-
Anuncio de Sinbad -
Anuncio de Doentes -
Anuncio de Padre Casares, episodio 114 -
Anuncio de Padre Casares, episodio 110 -
Anuncio de Padre Casares, episodio 102 -
Anuncio de Padre Casares, episodio 92 -
Anuncio de Padre Casares, episodio 91 -
Anuncio de 18 comidas -
Anuncio de Profesión actor -
Promoción de O Nordés -
Fragmento de Padín de Carracedo -
Anuncio de Os mortos van ás présas -
Blanca Madison -
Escena A Boa Caligrafía -
Alfonso Zarauza presenta A noite que deixou de chover para Culturagalega.org -
O Espello -
Padre Casares -
Como se fixo Leo
Galería de imaxes | ver As 13 fotos de Xosé Manuel Olveira “Pico”
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xosé Manuel Olveira “Pico” (304)
Data: 28 / 10 / 2024
Aleixandre Lago Barcala gaña o V Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán
Data: 23 / 10 / 2024
Vilagarcía chega a un acordo con Mercadona para musealizar os novos achados do castro de Alobre
Data: 7 / 10 / 2024
Sara Martínez Bello gaña o Premio de poesía Filomena Dato
Data: 3 / 10 / 2024
'Los destellos' de Pilar Palomero obtén a Calpurnia a Mellor Película do OUFF
Data: 8 / 7 / 2024
Localizan un sistema de canalización tardoantigo que alimentaba os obradoiros do castro de Valencia do Sil