Un comunicado da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) deu a coñecer onte publicamente o inesperado falecemento do actor Xabier Deive (Narón, 1970) aos 54 anos. A triste noticia tiña rápido eco entre o sector da escena e o audiovisual galego onde caeu coma unha bomba. Nas redes sociais numerosas mostras de aflición entre actores e actrices, compañeiros de rodaxes e escenarios do falecido, foron deixando o rastro dixital do pesar do sector. Intérpretes como Antonio Durán "Morris", Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Luis Iglesia, Camila Bossa, Tito Asorey ou Pepo Suevos, ademais da realizadora Sonia Méndez coa que moi recentemente rodou o filme 'As Neves', entre outros deixaron sentir a súa tristeza. Tamén a Academia Galega do Audiovisula tivo unha lembranza do falecido e trasladou o seu pésame a amigos e familiares.
Desde a AAAG lembran a calidade humana de Deive do que din que foi "un compañeiro querido e respectado tanto polo público como pola profesión". Do seu bo facer profesional tanto no audiovisual coma no teatro aseguran desde o sindicato de intérpretes que "deixa testemuño dunha forma de entender, exercer e vivir o noso oficio que a AAAG quere recoñecer como exemplo para todos e todas". O actor asumiu a presidencia da asociación entre 2019 e 2021, momentos nos que o sector tivo que manexarse coa parte máis dura da pandemia do COVID-19 eo impacto no sector da escena e o audiovisual, segundo a asociación ese traballo desinteresado de Deive "amosaba o seu compromiso coa profesión."
Xabier Deive exerceu ao longo da súa dilatada traxectoria as profesións de técnico, actor de cine, teatro e televisión. Entre as fitas cinematográfica nas que participou, destacan títulos como Jalisco (Jorge Valcárcel e Fran Piñeiro, 2001); 'Las mujeres del anarquista' (María Noelle, 2006), 'El menor de los males' (Antonio Hernández, 2007), 'A cicatriz branca' (Margarita Ledo, 2012),' Las altas presiones' (Ángel Santos, 2014), Fatum (Juan Galiñanes, 2023)ou a máis recente 'As Neves' (Sonia Méndez, 2024). Deive fíxose un rostro ben familiar para o público galego ao formar parte dos elencos de producións televisivas de amplo percorrido como Rías Baixas, As Leis de Celavella, A vida por diante, Os Atlánticos, Matalobos ou Serramoura. Tamén contou con roles episódicos en series estatais como Águila Roja, Piratas ou El Ministerio del tiempo. Nos últimos anos, traballou en producións audiovisuais como La noche más larga (2022), Libertad (Enrique Urbizu, 2021), Néboa (2020), Vivir sin permiso (2018) ou El final del camino (2017).
No ámbito escénico, participou en diferentes montaxes: 'Os carros do camiño' (Ollomoltranvía, 1998), 'O retrato de Dorian Grai' (Uvegá Teatro, 2000), 'Poca vita' (Teatro Maltés, 2002), 'Final de película' (Ancora Producións, 2004), Edipo (Nove Dous, 2006), Stigma (Centro Dramátigo Galego, 2008), 'Gaivotas subterráneas', (Talía Teatro-Voz Audiovisual, 2013) ou 'Sede de mal' (Culturactiva, 2015), un musical de rock e blues xunto a Luis Iglesia.