Impacto no audiovisual pola morte do actor Miguel Insua

Era natural de Valdoviño e debutou no cine con 'Sempre Xonxa'

31/1/2026 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualNecrolóxicas
80 lecturas | Compartido 1 veces

Antes de finalizar o 2025 deixou a mala nova do falecemento do actor Miguel Insua o 30 de decembro, causando un fondo impacto naquelas persoas do sectro audiovisual que tiveron a sorte de coñecelo e traballar con el nalgunha das múltiples produción nas que este veterano actor participou. Natural de Valdoviño, onde naceu en 1961, Insua vivía en Madrid pero mantiña moito contacto coa súa terra e tamén co seu sector audiovisual. O seu falecemento con 64 anos debido a unha enfermidade, removeu moitos sentimentos entre os profesionais da interpretación galegos que deitaron nas redes sociais mensaxes de pesar e lembranza que amosan a pegada persoal do intérprete na xente coa que compartiu traballos. Tanto a Asociación de Actores e Actrices de Galicia como a Academia Galega do Audiovisual tamén publicaron as súas condolencias por esta perda.
Miguel Insua, tamén coñecido como Miquel, debutou no cine en 1989, con 'Sempre Xonxa' de Chano Piñeiro, unha das producións fundadoras do cinema en galego. Sempre mantivo moito contacto co sector en Galicia e as dúas últimas producións nas que participou foron de ralizadores galegos: "Honeymoon" (2022), de Enrique Otero e 'Fatum' (2022) de Juan Galiñanes. As súa traxectoria audiovisual resulta amplísima tanto en cine como televisión. Antes diso, tamén fixo traballos en teatro na súa terra natal.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves