A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, da que era asociado, emitiu un comunicado de pésame no que lembraba toda a súa traxectoria mandándolle a familia e achegados "todo o agarimo por parte de toda a familia que é esta profesión, da que forma parte e coa que se reuniu o pasado mércores na cerimonia de entrega dos MarÃa Casares.", din desde a AAAG. Tamén o sindicato estatal Unión de Actores tivo unha lembranza a través das redes sociais para González. O Concello de Pontedeume decretou un dÃa de loito oficial e desde o Padroado de Cultura de Narón ao que pertence a Escola de Teatro de Narón onde González se formou lembraron que do actor "fican a súa alegrÃa e a súa xenerosidade. O moito que lle gustaba actuar e o pracer que sentÃa vendo brillar na actuación ás súas compañeiras e compañeiros de escena. Gardaremos como un tesouro o amor que nos tiña e o amor que lle temos. Foise un de nós, 'un da Escola', pero como ben sabemos nela, nunca ninguén se vai de todo." Desde a área de Cultura da Deputación da Coruña tamén se sumaron á dor polo falecemento do actor : "nestes dÃas tan tristes para a cultura galega e manifestamos o noso apoio tanto a súa familia e amizades como a toda a profesión no mundo do teatro e o audiovisual que están a sentir a súa perda."
Dor e pesar na escena galega pola morte do actor Mateo González
A profesión lamentou a morte accidental do eumés tanto de xeito individual como a través das asociacións