Onte falecÃa un dos pioneiros e nome fundamental do teatro galego das últimas décadas. Actor, director e dramaturgo, Xan Cejudo, nado en 1947, tivo un papel destacado na profesionalización do sector logo de comezar a súa carreira no grupo O Facho nos anos 60. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia sinalou nun comunicado que "grazas a persoas como Xan Cejudo, abriuse o camiño polo cal a profesión da escena naceu, medrou e se consolidou no noso paÃs. A AAAG lembra que Cejudo é un nome fundamental no desenvolvemento profesional en Galicia e que o mundo da escena lle debe moito. A súa traxectoria abrangue gran parte dos oficios teatrais, xa que exerceu de autor, de director, de axudante de dirección e de actor nun gran número de proxectos".
A nivel audiovisual, fÃxose coñecido pola súa participación en series como Pratos combinados, Mareas Vivas ou RÃas Baixas asi como en longametraxes como Morrer no mar, Coxo, MatachÃn ou, este mesmo ano, Quien a hierro mata. No ámbito teatral, participou en montaxes como A noite vai coma un rÃo (1986), O mozo que chegou de lonxe (1988), O incerto señor Don Hamlet (1991), A fiestra baldeira (1994), O Mariscal (1994), XelmÃrez ou a gloria de Compostela (1999), Si o vello Simbad volvese ás illas, RosalÃa (2001), Seis personaxes á procura de autor (2005), Illa Reunión (2006) ou Noite de Reis (2007). Como director, traballou en máis de vinte pezas, entre elas tÃtulos como A Pousadeira, e A Burla do Galo ou DaVinci levaba razón.
Ao igual que a AAAG, diferentes colectivos e nomes da cultura e da escena do paÃs, como o Centro Dramático Galego ou Escena Galega amosaron o seu pesar polo pasamento.