O festival Novos Cinemas, ofrecerá entre o 14 e o 19 de decembro en Pontevedra algunhas das producións máis representativas do audiovisual galego e internacional emerxente. A sexta edición deste encontro organizado pola Asociación Cultural Novos Cinemas e Matriuska Producciones abrirase coa estrea en Galicia do documental de creación 'A Virxe Roxa' (Recrea Films), de Marcos Nine, presentado na Seminci e que conta coas voces de Nerea Barros, María Vázquez e Antonio Durán "Morris". Nove propostas de orixes internacionais variadas -oito delas inéditas en Galicia e unha delas de produción galega ('Eles transportan a morte', de Helena Girón e Samuel Delgado) - compoñen a Sección Oficial desta edición, que intentan debuxar un dos posibles itinerarios do cine contemporáneo: o que aspira a reflexar parte do espírito do noso tempo. Ademais durante esta edición do festival poderán verse en exclusiva como avance algunhas das imaxes da longametraxe 'Matria' de Álvaro Gago.
A proxección das imaxes de 'Matria' terá lugar nos encontros con realizadores desta edición, onde ademais de con Álvaro Gago tamén se conversará con tres realizadores cuxos proxectos participaron anteriormente no LAB. Ángel Filgueira e Silvia Fuentes falarán polo miúdo e exhibirán por primeira vez en Galicia algunhas imaxes do seu filme, 'Cando toco un animal'. Carlos Martínez-Peñalver compartirá cos asistentes a súa experiencia en terras lusas tras o esperado proceso de postprodución da súa primeira longametraxe, 'Á procura da estrela'. Pola súa parte, Liliana Torres afondará na xénese da súa segunda longametraxe de ficción, '¿Qúe hicimos mal?', un proxecto rodado en Galicia, Italia e México. Os proxectos seleccionados para esta sexta edición do LAB son 'Guajes¡, de Ana Sierra; 'La adolescencia infinita', de Víctor Soho; 'Laguna el ministro', de Antonio Llamas e Lucas G. Torralbo (espírituescalera); e 'Treinta grados de separación', de Paula Pérez López. O 19 de decembro Chema García Ibarra clausurará o festival con 'Espíritu Sagrado', o seu debut na longametraxe. Nunha obra tráxica e divertida ao mesmo tempo, García Ibarra céntrase na historia de José Manuel e o resto de membros da asociación ufológica Ovni-Levante, que se reúnen semanalmente para intercambiar información sobre mensaxes extraterrestres e abducións.
Ademais Novos Cinemas dedicaralle por primeira vez en España un foco á directora e guionista María Pérez Sanz (Cáceres, 1984). O cuestionamento e a exploración son os eixos sobre os que gravita a produción cinematográfica e audiovisual da cineasta. O festival exhibirá as súas obras Ejercicio 2 (2015), Ejercicio 3 (2013), os videoclips feitos para Tulsa Yo no nací así (2021) e Autoretrato (2021), e as súas dúas primeiras longametraxes: Malpartida Fluxus Village (2015), onde presenta unha tentativa de bosquexo dende o comunitario cara o singular; e Karen (2020), onde recrea algunhas escenas da vida da escritora Isak Dinesen, interpretada pola cantante Christina Rosenvinge. As entradas en venda previa para o festival xa están dispoñibles en Ataquilla.