Beatriz del Monte / Dirección

Beatriz del Monte

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Beatriz del Monte
Beatriz del Monte
Dirección
Nome completo: Beatriz del Monte
Burgos 1967   



Directora e guionista de cine e de televisión. Na pequena pantalla ten dirixido as series “Galicia Exprés” e “Mareas vivas”, ademais de ser axudante de realización en programas como “Centro Médico” e “Galicia S.XX”, todas elas para a TVG. Ten feito tamén reportaxes e documentais. No cine ten dirixido as curtametraxes entre as que destaca a premiada “O río ten mans” e asistiu a dirección da película “O lápis do carpinteiro”. Ademais, impartiu clases prácticas de realización na Facultade de Ciencias da Información. É directora de deseño de producción de Filmanova (antes Portozás Visión).

Premios e recoñecementos: Con “O río ten mans” recibiu cinco premios AGAPI (entre eles o de mellor curtametraxe) e foi seleccionado por unha vintena de festivais e certames.


FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Beatriz del Monte

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Beatriz del Monte (4)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org