07/05/2019
Sorogoyen, Leonor Watling e El Gran Wyoming subirán aos chimpíns de Cans
A XVIª edición do Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, presentou hoxe o seu programa completo cun acto que, como xa é tradición da cita, rematou co paseo de chimpíns. Xa se coñecía que este ano, o encontro dará comezo coa proxección da versión cinematográfica de
Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, que se proxectará en Cans o vindeiro xoves 23 de maio. Ademais o festival xa confirmou as figuras que estará presentes no seu Torreiro de estrelas este ano e que deixarán nel as súas. O director Rodrigo Sorogoyen, a actriz e cantante Leonor Watling e El Gran Wyoming pasaran este ano pola localidade porriñesa a deixar a súa pegada neste evento dedicado principalmente á competición e difusión do xénero da curtametraxe. O premiado director Juanjo Giménez tamén fará acto de presencia en Cans. Outro nomes do audiovisual tamén pasarán polas actividades do festival como a actriz Melania Cruz, recente Premio Mestre Mateo, o director da multipremiada
Dhogs, Andres Goteira, Chelo Loureiro , Álvaro Gago, Diana Toucedo, Victro Duplá, Fernando Cortizo, Nieves Rodríguez e o director e guionista alemán Hannes Stöhr..
Amplía a nova>>
07/05/2019
O Festival Primavera do Cine recoñece o vigués David Hernández
Na noite do pasado domingo fechaba as súas portas a oitava xeira do festival Primavera do Cine de Vigo. No seu palmarés, o director local David Hernández impúxose como claro vencedor ao obter o Premio do Xurado e mais o do público á mellor longametraxe galega por
La Felicidad de los Perros. Canda a el,
Alva de Ico Costa levou o galardón á mellor longametraxe lusófona por parte do xurado, que tamén lle outorgou unha mención especial a
Deslembro da brasileira Flavia F. Castro.
.
Amplía a nova>>
26/04/2019
O espectáculo Amantes da Terra lembra a Antonio Fraguas desde a tradición
A compañía escénica Queiman e Pousa presentaba onte no Museo do Pobo Galego, en Compostela, a proposta coa que queren sumarse ás homenaxes a Antonio Fraguas por mor do Día das Letras.
Amantes da Terra é o título do espectáculo que estrearán o vindeiro 4 de maio en Vilalba e no que, canda ao Bruxo Queiman e a Andrea Pousa, participan a Banda de Unión de Lantaño, as do Val da Mahía e de Salvador de Camanzo e mais o grupo de gaitas e baile Foula a sumar un cento de persoas sobre o escenario. .
Amplía a nova>>
22/04/2019
Óliver Laxe leva O que arde á selección oficial do Festival de Cannes
Logo de ter obtido cos seus dous filmes anteriores galardóns de seccións paralelas, Óliver Laxe participará este ano por vez primeira na selección oficial do Festival de Cannes.
O que arde, que segundo o director é un "documental creativo" no que aborda a problemática dos lumes forestais a seguir a figura dun pirómano na comarca dos Ancares, poderá verse no marco da sección
Un certain regard do prestixioso festival francés. O traballo de Laxe compite con outras 15 producións por un galardón dotado con 30.000 euros. O festival desenvolverase entre o 14 e o 25 de maio vindeiros..
Amplía a nova>>
17/04/2019
A oitava Primavera do Cine proxectará máis dunha trintena de filmes
Entre os vindeiros 30 de abril e 5 de maio, a oitava xeira do festival Primavera do Cine proxectará en Vigo máis dunha trintena de curtametraxes galegas, lusófonas e de animación. O auditorio do Instituto Camões e o MARCO acollerán as proxeccións do evento, entre as que destacan propostas como as galegas
Mariñeiro, de Juan Galiñanes,
Beautiful Boy de Fran X. Rodríguez ou
Americano, de Fon Cortizo ou as portuguesas
Madness de João Viana ou
Altas cidades de Ossadas, de João Salaviza. O programa inclúe tamén un concerto de Basanta e
O método Morris, un seminario-charla de interpretación autodidacta impartida polo recoñecido actor vigués. O festival recibiu un total de 150 propostas para esta edición..
Amplía a nova>>
17/04/2019
Xabarin.gal: videoclips e sintonías para a nostalxia e a descuberta
A CRTVG continúa a súa estratexia de incrementar os seus contidos de ámbito infantil. Tras o lanzamento en xuño de 2018 de Radio Picariña, unha emisora dixital de radio con música para nenos, agora lanza xabarin.gal, un sitio no que se poden visionar os vídeos musicais do emblemático programa, a cargo de moitos dos grupos galegos dos 90. No sitio, ademáis dos videoclips, pódense consultar as sintonías das series máis exitosas que no seu momento emitiu. Para nenos, ou para espertar a nostalxia dos seus pais, a CRTVG preve ir incrementando o contido nos vindeiros meses con máis material. .
Amplía a nova>>
12/04/2019
O actor Xabier Deive elixido presidente da asociación de intérpretes
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación teatral e audiovisual e da dirección de escena, escolleu en Asemblea o pasado domingo a súa nova Xunta Directiva. Xabier Deive (Narón, 1970) é o novo presidente, mentres que Mónica García asume a vicepresidencia e Sheyla Fariña convértese na secretaria da entidade. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Xosé Barato, Eva Fórneas Braña, Davide González, Laura Míguez, Fernando González, Paula Morado, Sara Fandiño, Diego Freire, Marián Bañobre e Adrián Ríos. A remuda xa estaba anunciada na pasada gala dos Premios María Casares que organiza a AAAG e vai dacordo aos prazos estipulados nos estutos da AAAG de facerse cada dous anos. Xabier Deive sucede no cargo a Nieves Rodríguez e Mónica García a Mabel Rivera. Pola súa banda, Sheyla Fariña repite no órgano directivo no que antes estaba como vogal, posto este no que repiten tamén Laura Míguez e Diego Freire. .
Amplía a nova>>
09/04/2019
O audiovisual televisivo volve a Cannes a buscar distribución global
Unha delegación do audiovisual galego baixo a marca
Films from Galicia, está xa no mercado MIPTV na localidade francesa de Cannes, buscando mercados para a produción televisiva da nosa comunidade. As empresas CTV, DocsHub, Portocabo, Somadrome, Treeline Distribution e Voz Audiovisual participan xunto coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) nesta misión institucional e comercial á que é a meirande feira mundial para a comercialización de todo tipo de formatos, programas e contidos dixitais para televisión. O punto de encontro da delegación galega en MIPTV é o espazo da marca Films from Galicia dentro do pavillón español, organizado polo ICEX España Exportación e Inversiones do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en coordinación cunha trintena de empresas e entidades de ámbito autonómico e estatal..
Amplía a nova>>
08/04/2019
O brasileiro Roberto Mauro leva o premio do Play-Doc
Logo dunha intensa fin de semana audiovisual, coñécense xa os palmareses do Play-Doc de Tui e mais do Carballo Intreplay. No caso do encontro de documentais tudense, o xurado formado por Garbiñe Ortega, Derwin Tamsa e Olaf Möller acordou outorgarlle o único premio do festival ao filme
Humberto Mauro do director brasileiro André di Mauro. Segundo apunta o fallo, a produción "non só honra un grande director, senón que ofrece unha visión lírica das paradoxais promesas do progreso no século XXI e do país do que provén"..
Amplía a nova>>
05/04/2019
Dez proxectos reciben o apoio da Deputación da Coruña no concurso de ideas Luísa Villalta
As áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña daban a coñecer onte as iniciativas beneficiarias da segunda xeira do Concurso Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade. En total dez proxectos, na súa maior parte audiovisuais, reparten algo máis de 177.000 euros.
S.E.X. Moito máis que unha serie sobre sexualidade, produción de Illa Bufarda para Youtube, os documentais
Mulleres que lideran o mar de Coop4equality ,
Nación, un sitio onde pousar a cabeza da produtora Nós,
Dorothé na Vila arredor da etnomusicóloga Dorothé Schubert ou
Luz Fandiño, a poeta analfabeta de Cósmica Producións amosan a variedade neste campo.
.
Amplía a nova>>