04/04/2019
Os III Premios María Luz Morales recoñecen a José Coira e Sara Varela
Argumentos de películas é o título do traballo co que José Coira se impuxo na categoría de ensaio escrito dos III Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. A ICC Week de Ourense acolleu onte a entrega destes galardóns, que tamén recoñeceron o traballo de Sara Varela, que levou o premio ao mellor videoensaio sobre audiovisual galego con
B Positivos. Pola súa banda, Xurxo González foi galardoado co premio ao ensaio escrito sobre audiovisual internacional por
O palco dum povo: Oliveira 2.0 e Eire García obtivo o de videoensaio sobre audiovisual internacional con
Propaganda de guerra.
.
Amplía a nova>>
03/04/2019
Catro candidaturas galegas para a final do Celtic Media Festival
Os Celtic Media Festival é un certame audiovisual que se celebra todos os anos nos países celtas das Illas Británicas, servindo de escaparate da produción audiovisual e radiofónica de Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles a Bretaña francesa e Galicia. Desta volta, Galicia colocou catro produtos entre as finalistas, todos producidos ou participados pola Televisión de Galicia, que é unha das entidades organizadoras canda as televisións públicas irlandesas ou a BBC, entre outras. Os produtos finalistas son o filme
A sombra da lei, o Diario Cultural, o docudrama
Caso Diana Quer: 500 días e
Historias mínimas. A gala final celebrarase en Aviemore (Escocia) entre o 4 e o 6 de xuño..
Amplía a nova>>
02/04/2019
Londres acolle a décima edición do Galician Film Forum
Dúas proxeccións e un debate co realizador Álvaro Gago son o contido do programa doble deste ano no X Galician Film Forum de Londres. Proxectarase
Todas as mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro, e a curtametraxe
Matria de Álvaro Gago, quen tamén estará presente e participará no coloquio posterior. A actividade realizarase o 5 de abril no King's College de Londres ás 19 horas, no Edmond J Safra Theatre. A entrada é de balde pero hai que reservala con antelación.
Todas as mulleres que coñezo recolle tres conversas interconectadas sobre "violencia, xénero e espazo público". .
Amplía a nova>>
01/04/2019
O sabor das margaridas: a primeira serie en galego en Netflix
A serie da Televisión de Galicia
O sabor das margaridas convertiuse na primeira serie en galego presente no catálogo de Netflix. Este thriller policial foi producido por CTV e emitido pola Televisión de Galicia en 2018. Ambientado no rural galego, a serie está protagonizada por María Mera, Nerea Barros, Ricardo de Barreiro e Toni Salgado.
O sabor das margaridas recibiu o Premio Mestre Mateo a mellor serie de televisión en 2019. .
Amplía a nova>>
01/04/2019
A etnografía reivindícase como notaria da contemporaneidade cos premios da 14ª MICE
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego entregou os premios correspondentes á súa 14ª edición. A película
Nimble Fingers, de Parsifal Reparato, acadou o premio á Mellor Película Etnográfica: "por facer un retrato rigoroso das condicións e vicisitudes do traballo feminino en Vietnam e por mostrar, a través do cotián, aos aspectos subxacentes das transformacións socioeconómicas da globalización", segundo o xurado. O premio á Mellor Película Galega recaeu en
Hora Silenciosa, de Noelia Mª Muíño. O xurado destacou dela "o tratamento do silencio, a ritualidade e a sociabilidade dunha comunidade e dunha forma de vida (a das relixiosas de clausura do convento de San Paio de Antealtares) que está en progresiva desaparición". O xurado tamén decidiu facer unha mención honorífica a
Stockroom, da viguesa Sol Mussa "pola vontade de reflectir as tensións sociais do colectivo migrante en Reino Unido dende a subxectividade e a reflexión persoal". .
Amplía a nova>>
28/03/2019
O actor Carlos Blanco recibirá o premio Pedigree do Festival de Cans
A "súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación" así como "a súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas", ademais do seu labor como cidadán crítico e persoa comprometida coa socidade valéronlle ao actor Carlos Blanco facerse co premio Pedigree do Festival de Cans. A organización do evento que se celebra no Porriño daba a coñecer onte os galardóns da súa XVI edición, que se celebrará entre o 22 e o 25 de maio vindeiros.
.
Amplía a nova>>
27/03/2019
A mostra 'Recreando personaxes' achega a historia da interpretación galega no audiovisual
A exposición
Actrices, actores e animados galegos RECREANDO PERSONAXES da literatura e da historia no audiovisual, ven de inaugurarse hoxe na Biblioteca de Galicia do complexo da Cidade da Cultura no Monte Gaiás de Santiago onde estará ata o 28 de maio. A directora de arte Marta Villar é a comisaria desta exposición. Vinte paneis ofrecen 152 fotogramas nun percorrido polo audiovisual galego desde os anos trinta do século pasado ata os nosos días amosando as creacións interpretativas de 48 actores, 31 actrices e 8 personaxes de animación en 71 títulos para cinema e televisión, entre os que se recollen 46 producións galegas. Entre moitos outros, reúnense nesta exposición fotogramas de Luis Tosar, María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Celso Bugallo, Luis Zahera, Ernesto Chao, Mabel Rivera, Cesar Cambeiro, Uxía Blanco, Manuel Manquiña, Tamar Novas ou Rosa Álvarez nalgúns dos seus papeis máis famosos, pero tamén noutros traballos cinematográficos non tan coñecidos polo gran público. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu hoxe a apertura desta mostra divulgativa organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, o Centro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia (CGAI), a Academia Galega do Audiovisual, CRTVG, RTVE e Fundación Aisge. .
Amplía a nova>>
27/03/2019
Marín acollerá o seu primeiro festival de cinema para infancia e mocidade
Entre os vindeiros 5 e 7 de abril Marín acolle a primeira edición de Infancinemarín, festival de cinem apara infancia e a mocidade. O evento, organizado pola Asociación Big Ajajai e dirixido polo guionista e cineasta Ángel Manzano, proxectará un total de 42 curtametraxes divididas nas seccións Nautilus, para público de entre 3 e 11 anos, e Sputnik, para espectadores de entre 12 e 16. Ademais dos filmes a concurso, seleccionados entre 300 producións internacionais, o programa inclúe tamén obradoiros de dobraxe e animación stop-motion, concertos de Pulpiño Viascón e Caspervek Trío ou o espectáculo
Cinema de historias de Raquel Queizás sobre a pioneira do cinema Alice Guy..
Amplía a nova>>
26/03/2019
A Industria audiovisual contará con novas axudas para asistir a mercados internacionais
As liñas de axuda publicadas onte do Diario Oficial de Galicia traen algunhas novidades como o feito de que agora están dirixidas xa non ao “cinema galego” senón ao “audiovisual galego” ou aos “contidos audiovisuais”, un cambio de denominación que implica a apertura a formatos variados de produción audiovisual máis alá do puramente cinematográfico o que inclúe produtos televisivos e webseries, por exemplo. Outra das novidades destas axudas pensadas todas elas para impulsar a proxección exterior do audiovisual galego, tanto a nivel empresarial como artístico, é a convocatoria en concorrencia non competitiva de subvencións para a asistencia a mercados e foros internacionais deste sector, que veñen engadirse a unha nova convocatoria das axudas para presencia e exhibición en mostras e festivais nacionais e internacionais. .
Amplía a nova>>
26/03/2019
Un total de 34 webseries de todo o mundo competirán no Carballo Interplay
O Concello de Carballo acollía onte a presentación da VI edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se presenta como a máis ambiciosa da historia deste evento. Entre os vindeiros 3 e 6 de abril o evento proxectará un total 34 webseries a competición, 7 galegas e en galego, 10 do resto do estado e 17 do estranxeiro, seleccionadas entre as 200 propostas que se presentaron a concurso. As webseries finalistas son na súa maior parte comedias, (14 das 34), con producións de drama (6), documental (4) ou terror (3).
.
Amplía a nova>>