A serie da Televisión de Galicia O sabor das margaridas convertiuse na primeira serie en galego presente no catálogo de Netflix. Este thriller policial foi producido por CTV e emitido pola Televisión de Galicia en 2018. Ambientado no rural galego, a serie está protagonizada por MarÃa Mera, Nerea Barros, Ricardo de Barreiro e Toni Salgado. O sabor das margaridas recibiu o Premio Mestre Mateo a mellor serie de televisión en 2019.