A XVIª edición do Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, presentou hoxe o seu programa completo cun acto que, como xa é tradición da cita, rematou co paseo de chimpíns. Xa se coñecía que este ano, o encontro dará comezo coa proxección da versión cinematográfica de Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, que se proxectará en Cans o vindeiro xoves 23 de maio. Ademais o festival xa confirmou as figuras que estará presentes no seu Torreiro de estrelas este ano e que deixarán nel as súas. O director Rodrigo Sorogoyen, a actriz e cantante Leonor Watling e El Gran Wyoming pasaran este ano pola localidade porriñesa a deixar a súa pegada neste evento dedicado principalmente á competición e difusión do xénero da curtametraxe. O premiado director Juanjo Giménez tamén fará acto de presencia en Cans. Outro nomes do audiovisual tamén pasarán polas actividades do festival como a actriz Melania Cruz, recente Premio Mestre Mateo, o director da multipremiada Dhogs, Andres Goteira, Chelo Loureiro , Álvaro Gago, Diana Toucedo, Victro Duplá, Fernando Cortizo, Nieves Rodríguez e o director e guionista alemán Hannes Stöhr.
Rodrigo Sorogoyen, director español do momento grazas ao filme El reino, triunfador na recente gala dos premios Goya entre outros polo premio recibido do actor compostelán Luís Zahera, estará en Cans por partida doble. O día 7 de maio o realizador acompañará a proxección a súa curtametraxe Madre, candidata ao Oscar, xunto con Marta Nieto, protagonista da cinta. Esta proxección terá lugar nun novo espazo do Festival que se dá en chamar O jalpón dos Oscar ao que tamén acudirá o director Juanjo Giménez coa súa premiada curta , candidata tamén á estatuíña e que recibiu en 2017 a Palma de Oro do Festival de Cannes e o Goya, ademais do premio da academia europea. Rodrigo Sorogoyen tamén estará o día 25 de maio en A Leira de Alicia nun dos coloquios co público previstos. O músico, showman e actor El Gran Wyoming volve tamén a Cans, para ser homenaxeado no Torreiro de Cans e para actuar xunto á súa banda habitual Los Insolventes ese mesmo sábado 25 de maio.
Nove curtas competirán dentro do bloque FuraCans da sección oficial, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego , entran algunhas obras actuais e arriscadas que exploran diferentes variantes do documental e do cinema experimental e que van á procura dunha mirada propia e persoal. A programación musical conta , ademais de con El Gran Wyoming, coa banda de Leonor Watling, Marlango e The Legendary Tigerman. Tamén haberá unha nutrida representación do talento da música galega con Budiño, a viguesa B-Flecha e a banda Dakidarría, ademais a estrea en Galicia do espectáculo Melancoholemia de Antón Reixa e o concerto de Chisme en conxunto coa proxección da película SYD de Fernando Epelde.