O Festival Primavera do Cine recoñece o vigués David Hernández

La felicidad de los perros reportoulle os premios do público e do xurado

Entrega de premios do Primavera do Cine
Entrega de premios do Primavera do Cine
Na noite do pasado domingo fechaba as súas portas a oitava xeira do festival Primavera do Cine de Vigo. No seu palmarés, o director local David Hernández impúxose como claro vencedor ao obter o Premio do Xurado e mais o do público á mellor longametraxe galega por La Felicidad de los Perros. Canda a el, Alva de Ico Costa levou o galardón á mellor longametraxe lusófona por parte do xurado, que tamén lle outorgou unha mención especial a Deslembro da brasileira Flavia F. Castro.


O galardón do público á mellor longametraxe lusófona foi para Chuva e Cantoria na Aldeia dos Mortos de João Salaviza e Renée Messora. Nas curtas lusófonas os votos dos espectadores seleccionaron Narrativas dum Crime de Alison Zago, nas galegas Beautiful Boy de Fran X. Rodríguez, nas de animación Entre Sombras de Mónica Santos e Alice Eça Guimaraes e como mellor videoclip De Bruma e Salitre de Xaime Miranda para o grupo Mileth.