As áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña daban a coñecer onte as iniciativas beneficiarias da segunda xeira do Concurso Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade. En total dez proxectos, na súa maior parte audiovisuais, reparten algo máis de 177.000 euros. S.E.X. Moito máis que unha serie sobre sexualidade, produción de Illa Bufarda para Youtube, os documentais Mulleres que lideran o mar de Coop4equality , Nación, un sitio onde pousar a cabeza da produtora Nós, Dorothé na Vila arredor da etnomusicóloga Dorothé Schubert ou Luz Fandiño, a poeta analfabeta de Cósmica Producións amosan a variedade neste campo.
Ti decides: vidas interactivas, obradoiros para centros de ensino de DimeLab, o libro Ferreñas e rock and roll, anecdotario sobre músicas galegas de Laura Romero e Iria Pedreira, a escola de empoderamento para mulleres rurais EspadELA da Cooperativa Arabias, un proxecto de encontros, espectáculo poético e libro sobre científicas da man de Estíbaliz Espinosa e mais a achega do espectáculo Invisibles de Redrum Producións a centros de ensino medio completan a listaxe de iniciativas seleccionadas.
En total, presentáronse á convocatoria 49 proxectos. O xurado que realizou a selección estivo composto polas deputadas de Igualdade e Cultura, Ánxela Franco e Goretti Sanmartín Rei ademais de Susana Seivane, Lucía Veciño e Isabel Risco.