O III Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña reduce a súa dotación

O certame apoiará oito proxectos pola igualdade cun máximo de 12.500 euros por iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña deu a coñecer as bases da III edición do Premio Luísa Villalta de proxectos pola igualdade. Nesta xeira, o certame reduce a súa dotación a respecto da anterior, e pasa de apoiar dez a só oito proxectos neste campo. Cada unha das iniciativas escolleitas contará cun máximo de 12.500 euros, o que tamén supón unha redución da contía, que chegou aos 20.000 noutras edicións. As persoas e empresas interesadas en participar nesta convocatoria teñen ata o vindeiro 30 de abril para achegar as súas propostas.

Como é habitual, o premio apoiará proxectos que poñan "en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres ou contribuír de forma relevante ao avance do asentamento social da aposta pola igualdade, a loita contra violencia, a diversidade sexual e interseccionalidade. Como principios das candidaturas presentadas será a filosofía integradora e transversal do enfoque de xénero, a sensibilización arredor da desigualdade, ou o empoderamento das mulleres", segundo adianta a Deputación.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Luísa Villalta, Deputación da Coruña, Mulleres...