A Deputación da Coruña daba a coñecer na mañá deste 14 de marzo o fallo do V Premios LuÃsa Villalta pola Igualdade. En total 17 proxectos concorreron a esta edición dun certame que pretende "render homenaxe e contribuÃr a divulgar a obra e a figura de LuÃsa Villalta, destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical como no literario, e do activismo e compromiso social coa transversalidade e o enfoque de xénero na súa escrita, a prol da loita pola igualdade real e o apoderamento das mulleres". Nesta xeira, só se repartiron 31.500 euros en premios dos 100.000 cos que contaba a convocatoria do certame.
O xurado acordou outorgarlle un galardón dotado con 12.500 euros á montaxe teatral As damas de Ferrol, de Teatro do Noroeste. A resolución destaca "a súa capacidade de promover avances en materia de igualdade violencia machista, diversidade, interseccionalidade e interxeracional".
Coa mesma contÃa foi galardoado o proxecto de sensibilización As MarÃas: mulleres creadoras fronte ás violencias, da ONG Ecos do Sur. No fallo apúntase "a capacidade do proxecto de promover avances en materia de igualdade, violencia, diversidade, interseccionalidade e transversalización de xénero, asà coma a súa capacidade transformadora a prol da superación das desigualdades de xénero e as posibilidades de cambio social". A iniciativa combina audiovisual e artes escénicas co obxectivo de dar visibilidade e previr sobre as diversas formas da violencia machista exercidas sobre a muller migrante.
Mulleres da rúa, da asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, pola súa banda, recibiu un galardón dotado con 6.500 euros en recoñecemento á súa aposta por visibilizar as mulleres coruñesas que desatacan ou destacaron en diversos eidos da ciencia, a cultura, a historia ou a música. En particular valorouse a aposta polas novas tecnoloxÃas e a participación do proxecto.
O xurado do galardón estivo presidido pola deputada de Igualdade, Sol Agra, e formado pola xornalista MarÃa Obelleiro, o artista multidisciplinar e escritor Sergio Marey e a técnica de igualdade da Deputación, Eva Ovenza; como secretaria actuou Carolina Buhigas, xefa da sección Servizos Sociais provincial.