A produtora Illa Bufarda, en colaboración con ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia) e co apoio de Sogasex (Sociedade Galega de Sexoloxía) e a Fundación Paidea, vén de lanzar na rede a webserie S.E.X. como ferramenta de difusión e consulta no ámbito da sexualidade destinada para adolescentes. Esta iniciativa, premiada na segunda edición do Premio Luisa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña, preséntase como un proxecto con diversas accións entre as que se inclúe unha canle de Youtube na que se publicará unha serie de seis capítulos que abordan de forma monográfica diferentes aspectos da esfera da sexualidade. A webserie S.E.X., protagonizada por Noelia Liñares Mayo, Ángel Calo e Iria Freire (que fan os papeis de Sara, Eduardo e Xela, cuxas iniciais dan lugar ao título da serie), estreou o pasado martes 15 de outubro o seu primeiro capítulo na súa canle da plataforma Youtube e lanzará un novo vídeo cada mes
Deste xeito, cada unha das entregas tratará aspectos fundamentais para a adolescencia neste sensible campo para a configuración da identidade emocional: dende a atracción sexual e a diversidade (heterosexual, homosexual, bisexual, pansexual, asexual, etc.) até os cambios corporais, pasando polas falsas crenzas, polos estereotipos de xénero ou polo tratamento crítico dos ideais románticos. Esta será a primeira tempada dunha serie que contará tamén cunha consultoría desenvolvida por profesionais da Psicoloxía, Educación e Saúde na que se interaccionará co público tanto con conversas en aberto, como dando a posibilidade de que as mesmas se realicen a través do correo electrónico. Ademais da webserie, o proxecto S.E.X. inclúe a difusión por diferentes institutos da provincia da Coruña con encontros co alumnado que contarán coa participación de profesionais da educación sexual de ASEIA, así como con membros do elenco de S.E.X.