Arquivo

36.221 noticias desde o ano 2000

X
3.260 resultados Busca: "Culturagalega"

A Torta de Santiago acada a Indicación Xeográfica protexida mentres se ultiman os trámites para facer de Pena Corneira Monumento Natural

Tortas e pedras con protección

  • O Diario Oficial de Galicia recollía onte a orde pola que a Torta de Santiago pasa a ser un produto con Indicación Xeográfica Protexida. A Indicación acolle as tortas producidas en todo o país sempre que cumpran cos criterios de calidade. Ao tem...

Os actos de memoria histórica continúan en 2007 co documental do Barco da Memoria e a mostra "Os mártires do mar"

A memoria segue e segue

  • Non por ter rematado o ano 2006 finan tamén os actos dedicados á memoria histórica. A Consellaría de Cultura anunciaba onte a estrea do documental que recolle a viaxe do Barco da Memoria e recupera declaracións de afectados pola represión franq...

Galicia será a convidada na Feira do Libro da Habana en 2008

O convite cubano

  • A Asociación Galega de Editores anunciaba onte que Galicia será a cultura convidada na Feira do Libro da Habana en 2008. Para a edición deste mesmo ano, en febreiro, está prevista unha representación da Consellaría de Cultura de cara a preparar...

Galicia investirá o 40% dos fondos de desenvolvemento rexional en proxectos de I+D

Desenvolverse pola investigación

  • Arredor de mil millóns de euros dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional que achega a UE a Galicia destinaranse a proxectos de Investigación e Desenvolvemento. Así o anunciaba onte o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández, na sú...

Certames de Rondallas e Reiceiros coinciden con propostas desde Laza para recuperar os cantos de reis

Tempo de cantar os reis

  • Está claro que nos últimos anos estamos a vivir un rexurdir dos cantos de Reis. Este mesmo sábado fallábase en Boimorto o III Certame Galego de Xugadas de Reiceiros, que organiza este concello canda a Consellaría de Cultura. No encontro resultou...

Patrimonio anuncia mudanzas no proxecto da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico

Relanzar a rede

  • Tres ou catro anos é o prazo aproximado que o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, dá para que estea completamente en marcha a Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico. Arias anunciou esta fin de semana que o proxecto, herdado do anterior gob...

De neno a guerra a empresario do audiovisual, a vida de Demetrio Bilbatúa é un exemplo senlleiro do noso exilio

CulturagalegaTV: Demetrio Bilbatúa

  • "O meu papel durante a Guerra Civil foi ser neno", lembra Demetrio Bilbatúa. A idade non evitou que fose tamén vítima da represión, xa que o seu pai e tíos foron fusilados. Logo da formación que recibiu no exilio mexicano encarreirou a súa vid...

O Teatro Rosalía de Castro acolle a presentación do Centro Coreográfico Galego

Bailar en Vacuo

  • A lonxa do peixe da Coruña foi o lugar escollido para presentar “Vacuo” o primeiro espectáculo do acabado de crear do Centro Coreográfico Galego. A iniciativa, ademais de efectista, recolle un dos intereses da Consellaría de Cultura de achega...

Unha investigación sobre a situación do Pórtico da Gloria e a Capela Maior inicia o plan de choque para recuperar a Catedral de Santiago

Análise na catedral

  • Varios laboratorios internacionais son candidatos a realizar ao longo deste 2007 as análises que inician a finais deste mes o anunciado plan de choque para recuperar a catedral de Santiago. A policromía do Pórtico da Gloria e mais dos murais da Ca...

Cultura abrirá este verán o Museo do Mar despois de revisar o seu proxecto museístico

O mar para o verán

  • A Consellaría de Cultura e o Consorcio asinaron hoxe o convenio que devolve o Museo do Mar á administración autonómica. Agora, o centro entra nunha nova fase que ten como horizonte o verán do 2007, que é cando abrirá as súas portas ao públic...

Xavier Queipo, Marina Mayoral ou Teresa Moure son algunhas das propostas editoriais para o ano que comeza

Ano novo, libros novos

  • Aínda a dixerir a vaga de novidades literarias do Nadal, xa se está a coñecer o que nos agarda no comezo deste 2007 en canto a lanzamentos editoriais. Deste xeito, no seu blog Brétemas, Manuel Bragado adiántanos o retorno de Xavier Queipo, Teres...

O Consorcio Audiovisual aproveita o incremento do seu orzamento para conseguir unha maior proxección internacional

Máis audiovisual, máis internacional

  • Un total de 1.2 millóns de euros, un 27% máis que no último exercicio, é o orzamento do que disporá o Consorcio Audiovisual de Galicia para as súas actividades no 2007. As liñas de actuación desta entidade interadministrativa creada ao abeiro...

Participante entusiasta da campaña a prol do Estatuto de Autonomía en 1936, Arturo Cuadrado é unha testemuña única da nosa historia

CulturagalegaTV: Arturo Cuadrado

  • "Galicia quería ser libre, pero todo se perdeu. Aquel soño, aquela derrota, aqueles milleiros de mortos, serviron para nos dar unha conduta, o noso deber no exilio". Así lembraba Arturo Cuadrado a fin do soño da Autonomía en 1936. Xornalista com...

Unha exposición e un libro lembran a figura do galeguista Antón Fraguas

Fraguas de mostra

  • Foi fundador do Seminario de Estudos Galegos, un dos impulsores do Museo do Pobo Galego e un destacado polígrafo. Antonio Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905-Compostela, 1999) foi recordado onte cando se inaugurou a exposición que repasa a súa vida e ...

Siniestro Total celebra as súas vodas de prata cun concerto de homenaxe á movida viguesa

Vinte e cinco anos movidos

  • O Cine Salesianos de Vigo volveu abrir as súas portas un mércores 27 de decembro para Siniestro Total. Tal e como fixo hai vinte e cinco anos a banda viguesa quixo celebrar o seu cuarto de século de vida cun concerto plagado de referencias a un do...

Culturagalega.org non actualizará a edición diaria o 1 de xaneiro

Feliz 2007

  • ...diario pola actualidade cultural, así como o repaso polas tendencias culturais do 2006. O equipo de culturagalega.org deséxache un feliz inicio de ano. ...

A editorial americana DC contará co galego Tirso Cons para a realización de portadas

Tirso DC

  • Unha portada para a serie Superman, feita con Javi Martín será a primeira colaboración do pontevedrés Tirso Cons coa mítica editora americana DC. Segundo asegura no seu blog, o autor entrou en contacto coa empresa a través do editor Mike Marts,...

Coñécense os setenta e cinco grupos que participarán na Rede Galega de Música ao Vivo

Os que tocan

  • Finalmente serán setenta e cinco os grupos que percorrerán o país nas salas da Rede Galega de Música ao Vivo. O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais ampliou en cinco o número de bandas que participarán neste evento. Entre os grupos s...

O Parlamento reclama rehabilitar os galegos que foron vítimas da represión no franquismo

Rehabilitación de memoria

  • Anular os consellos de guerra, habilitar compensacións económicas e eliminar dos centros da Administración Autonómica todo símbolo ou nome que faga referencia ao franquismo son as grandes liñas da proposición non de lei que onte aprobaba o Par...

A Asociación Fuco Buxán homenaxeará a Díaz Pardo para o que solicita a Medalla de Ouro do Traballo

Pardo Buxán

  • Febreiro e marzo do 2006 serán os meses para homenaxear a Isaac Díaz Pardo. Así o fixo público onte a Asociación cultural Fuxo Buxán que pretende recoñecer a traxectoria cultural e laboral en favor de Galicia do intelectual. Por ese mesmo moti...