Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Terbutalina estrea Espabila gallego cun concerto en Compostela
Xénero:
| 31 / 10 / 2019Logo de o lanzar en formato dixital a comezos do mes, xa está aquí a edición física do novo álbum de Terbutalina. A banda estrea Espabila gallego este 31 de outubro nun concerto na Sala Capitol no que os de Esteiro contarán con Mutagénicos para abrir boca a partir das 21:30 horas. Punk, pop, rock e música tradicional danse cita nos dez temas deste lanzamento nos que, como é habitual no grupo, predomina a retranca das letras. Pura Makica, Muinheira de Costa ou Marisco Barato son algúns dos títulos que se rexistraron nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos e que ven a luz da man de Folc Récords. Polo momento o grupo non ten máis datas reservadas en Galicia para a súa xira de presentación.
Heredeiros volven para quentar o outono
Xénero:
| 11 / 10 / 2019Case seis anos separan este Derretidos (Dotbeat) do anterior
Agoraphobia non se poñen límites co rebelde 'Unaligned'
Xénero:
| 8 / 10 / 2019Fai dous anos as Agoraphobia daban un golpe na mesa presentando Incoming Noise (Dotbeat, 2017) ao tempo que facían unha declaración de intencións vital de coller profesionalmente o camiño da música centradas neste proxecto. Dous anos e moitos escenarios despois presentan agora Unaligned (Dotbeat) que é unha exploración sen autolimitacións de todos os paos que están dispostas a tocar na súa expresividade. Dez cancións de rock alternativo para as que unha única etiqueta non chega -talvez de aí o "non aliñamento" do título- xa que as do Barbanza dan saída en composicións conxuntas aos demos internos de cada unha das catro actuais compoñentes oficiais da banda e iso conduce e unha variedade de sons que poden ir desde o stoner ao rock industrial pasando polo nu metal ou o grunge. A enerxía e a potencia mantéñense como bandeira do grupo, contundentes e salvaxes riffs acompañados polo caudal de voz dunha Susana que neste caso ofrécenos aínda máis rexistros en todas as direccións nunha evolución de perfeccionamento que tamén se pode percibir en todas as execucións instrumentais de cada unha das integrantes da formación. Temas como It´s all about you, ou Smokescreen, Remain unchanged ou We own us seguen dando esas puñadas de rabia no peito que son características da banda pero ademais enriquecidas con xiros de clara evolución e madurez.
System of A Down, Judas Priest e Korn abren o cartel do vindeiro Resurrection Fest
Xénero:
| 23 / 9 / 2019A organización do Resurrection Fest de Viveiro arrincaba con forza os anuncios sobre a vindeira xeira do evento o pasado venres a adiantar a presenza de System of A Down como cabeza de cartel. O festival de Viveiro contará coa única actuación da banda a nivel estatal durante o ano. A este adianto sumábase na mañá deste 23 de setembro o anuncio dunha longa lista de confirmacións que visitarán Viveiro entre os vindeiros 1 e 4 de xullo. Os veteranos Judas Priest, canda a Korn, Meshuggah, Heaven Shall Burn, Sepultura, Madball, Jinjer, Dark Funeral ou Amenra súmanse á proposta de saída como principais nomes internacional. A estes engádense propostas como os españois Hamlet, Blowfuse ou Onza entre moitos outros. As entradas poranse á venda o vindeiro 1 de outubro.
Furious Monkey House confírmanse con Love, scum & dust
Xénero:
| 16 / 9 / 2019A afondar a súa aposta polo rock de guitarras, a banda pontevedresa Furious Monkey House presentaba o pasado venres 13 de setembro Love, scum & dust, o seu segundo álbum de estudio. Cinco anos despois do seu debut con Run, e coa incorporación dun segundo mono furioso, o grupo achega nove temas nos que mantén a súa esencia rockeira cun son máis complexo e achegamentos ao indie-rock británico ou ao rock alternativo estadounidense. Publicado por Universal Music Spain, Esmerarte y Atresmúsica, o álbum gravouse nos Estudios Bonobo e Planta Sónica entre decembro de 2017 e agosto de 2018, e presentouse con dous singles, Echoes e Lluvia, que con No lo ves é o primeiro tema cantado en español do conxunto.
O místico 'Colorama' de Basanta Premio POP-Eye a Mellor disco de rock 2019
Xénero:
| 5 / 9 / 2019O primeiro disco de debut da banda viguesa Basanta, Colorama, ven de ser recoñecido como Mellor disco de rock nacional nos premios POP-Eye da Música e a Creación Independente organizados desde a Asociación Cultural Bon Vivant, de Estremadura e vencellados aos Premios Nacionais da Música e das Artes que este ano celebran a súa 14ª edición. A criterio do xurado Colorama é un primeiro disco que "deixa entrever a esixencia dunha intencionalidade que intenta apuntar á intimidade ou, máis ben, rodeala e descubrir de que trata". Para eles o disco dos vigueses "aposta por recoñecer e explotar a sombra, o lado escuro. o translúcido". Colorama xa conseguira comezar a destacar o pasado ano tras a súa publicación aparecendo nalgunha das listas nacionais das revistas especializadas a finais de ano. O premio entregarase en Plasencia os vindeiros días 8 e 9 de novembro no marco Premios Nacionais da Música e das Artes. O xurado dos premios Pop-Eye xa recoñecera en 2016 o traballo de Novedades Carminha.dándolles o premio a mellor disco do ano por Campeones del mundo (Ernie Records, 2016).
Los Eternos volven co son americano en 'Vientos solitarios'
Xénero:
| 4 / 6 / 2019Los Eternos non desaparecen, o levan no nome e son coherentes con el. A banda de country rock de Cedeira que levaba 9 anos sen gravar temas e cunha actividade musical bastante intermitente nos últimos tempos, sacan disco de novo demostrando a súa vitalidade. Con Vientos Solitarios (Ferror Records / Cascaballo Records, 2019) a veterana formación que comezou a dar os primeiros pasos en 2003 comeza a cantar en castelán presentando nove temas propios e unha adaptación de Four strong winds de Ian Tyson. Os anteriores traballos da formación foron Back on the Road (Warner / Miña Terra Galega, 2010) e o vinilo de sete polgadas Chris Masuak & Los Eternos (H-Records, 2013) e os dous estaban cantados en inglés, neste caso o grupo pasa a traducirse a sí mesmo e amosan a lírica das súas composicións en castelán cun son máis “americana” ca nunca apoiado dun xeito inequívoco na potente steel guitar de Álvaro Lamas (ex-Los Limones). A banda conta coa produción e masterización a cargo de Hendrik Röver (Los DelTonos) para este novo disco que este vindeiro día 15 estarán presentando para os seus veciños na súa localidade de orixe, Cedeira, no auditorio municipal cun concerto de balde.
Falece Toñito Pedreira o cantante e fundador do grupo Riff-Raff
Xénero:
| 8 / 5 / 2019Hoxe pola mañá falecía no seu domicilio do barrio ferrolán de Canido o vocalista e fundador do grupo Riff-Raff, Toñito Pedreira Santiago. A banda comunicaba a través das redes sociais a triste nova a media mañá e algúns medios de radio locais, como a emisora da cadea COPE xa se facían eco. A banda ferrolá formada en 1997 acadou un oco na última década tanto en escenarios de salas como de festivais ofrecendo a modalidade de "banda tributo" sobre o repertorio dos australianos AC/DC. A honestidade e da súa proposta e o seu bo facer fixeron dela un referente na escena de "tributos" que transcendeu os límites de Galicia e compartiron cartel con grandes grupos como Whitesnake, para os que actuaron como abreconcertos na Coruña. A noticia causou un fondo pesar tanto no seu entorno máis próximo como entre o resto da escena musical coa que ten compartido escenarios. A repentina morte de Pedreira causou ademais unha gran sorpresa toda vez que a banda tiña previsto un concerto este venres no Forum Cñelticum da Coruña e recentemente confirmara a súa participación no solidario Festival de la Luz de Boimorto onde xa eran uns fixos no cartel.
Nace na Coruña o festival REC Fest de rock
Xénero:
| 11 / 4 / 2019Rock en Coruña REC Fest é un novo encontro musical na cidade herculina. Un festival que xurde aspirando a converterse en referencia a nivel estatal para os amantes da música de guitarras na súa versión máis enerxética. A primeira edición do evento xa ten data, hora e cartel, terá lugar o sábado 23 de novembro de 2019, a partires das 19.00 horas, no Coliseum d’A Coruña. Seis horas de sons incendiarios e música combativa. Co propósito de ser ecléctico dentro do xénero do rock, no cartel do REC Fest teñen cabida sons coma o Punk, o Ska, o rock clásico, o Metal, o Hardcore, os ritmos urbanos, a fusión, etc. Na cita non faltan figuras de alcance nacional e internacional e bandas con acento galego. No cartel da súa primera edición dánse cita Ska-P, Dakidarría, La Regadera, Bastards On Parade, Machete en Boca e Ezetaerre. As entradas do REC Fest estarán dispoñibles a partires do vindeiro luns 15 de abril a través das plataformas online Ticketea e Ataquilla e, físicamente, no Quiosco da Praza de Ourense. O REC Fest (Rock En Coruña) é un festival organizado pola promotora de eventos Galicia Vella, coa colaboración do Concello de A Coruña.
REPORTAXE

Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música