Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Danza 3 chegará a 18 concellos na súa nova edición
Xénero:
| 12 / 4 / 2024A música e o baile tradicional que propón o programa Danza 3 achegarase este 2024 a un total de 18 concellos ata o vindeiro mes de setembro. A Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba este 12 de abril a duodécima edición do programa, que protagonizan un ano máis as formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
Embaixada da musica galega en Lorient
Xénero:
| 10 / 4 / 2024"A mocidade dos países celtas" é o lema arredor do que se constrúe este 2024 o festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa. A súa edición número 53 comezará o 10 de agosto e ata o día 18 reunirá na cidade bretoa un compendio de músicas dos países e as culturas unidas pola identidade celta. A representación da música galega correrá a cargo de diferentes artistas e proxectos que van desde as formacións de corte máis tradicional eos artistas consolidados ata as novas promesas e interpretacións máis avanzadas. Neste caso a lista está encabezada por Carlos Núñez, ben coñecido nesas terras bretoas, que acudirá a Lorient a presentar o seu novo disco e espectáculo 'Celtic Sea'. No programa estarán tamén as agrupación tradicionais Rebulir de Ramirás en Ourense e Banda de gaitas Arume de Malvas, en Tui, así como a proposta contemporánea do trío Caldo. Como é habitual algúins dos músicos máis prometedores da gaita estarán nesta cita que reúne a especialistas de todo o mundo nese instrumento. Por Lorient pasarán Manu Seoane, María López e Pablo Seoane. Tamén estará representada a puxanza das cantareiras e a pandeireta, grazas a Laura Iglesias Buján, que participará do Interceltique Music Camp, durante o festival.
Milladoiro celebra o 45 aniversario do seu primeiro concerto na Coruña
Xénero:
| 13 / 3 / 2024O 15 de maio de 1979 no teatro do colexio Salesianos da Coruña unha nova formación de música folk subía ao escenario a estrearse ante o público baixo o nome Milladoiro. Co tempo esta formación chegou a acadar grande popularidade alcance así como fitos enormes para a cultura galega. Percorreu escenarios de todo o mundo e recibiu recoñecementos senlleiros como a Medalla de Ouro de Galicia (2012), Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por "La Mitad del Cielo" en 1986; o premio da Música concedido pola SGAE e AIE ou o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro no ano 1985. Agora, 45 anos despois daquel concerto de presentación organizado polo Ateneo herculino e co gallo de conmemorar esa efeméride, a senlleira banda volve subir ao escenario no Pazo da Cultura da cidade que a viu nacer para ofrecer un evento singular coa súa actual formación na que están Xosé V. Ferreirós, Nando Casal, Moncho García, Harry.c, Manú Conde e Manuel Riveiro. Será o vindeiro 19 de maio cando Milladoiro celebre o seu concerto de 45 aniversario e xa está á venda as entradas para asistir.
Xacarandaina leva o II Premio Opinión Acontecemento Musical do Ano
Xénero:
| 11 / 3 / 2024O vindeiro 2 de abril celébrase no Teatro Rosalía da Coruña a gala dos XXIII Premios Opinión da Música de Raíz. De xeito previo a dar a coñecer os proxectos vencedores desta edición, a organización do encontro presentaba este 9 de marzo as propostas que foron recoñecidas cos premios especiais do certame.
Xabier Díaz retorna coas Adufeiras de Salitre en Axúdame a sentir
Xénero:
| 5 / 3 / 2024Desde este 29 de febreiro está dispoñible en tendas e plataformas dixitais Axúdame a sentir, o novo disco de Xabier Días e Adufeiras de Salitre. O álbum de once temas, supón unha renovación nos sons deste proxecto, coa incorporación de baixo ou guitarra eléctrica, novos tons na percursión e unha maior carga de creación propia nas letras, que manteñen as habituais formas de raíz.
Unha mostra pon de relevo o patrimonio oleiro da provincia de Lugo
Xénero:
| 1 / 3 / 2024Duascentas cincuenta pezas de cerámica tradicional elaboradas nos centros oleiros provincia de Lugo. Esta é a proposta que a exposición Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós abría a súas portas no Vello Cárcere da capital provincial este 29 de febreiro e permite achegarse a este patrimonio artesán ata o vindeiro 17 de maio.
Rosa Sánchez e Pablo Carpintero farán soar as gaitas máis antigas que se conservan
Xénero:
| 15 / 2 / 2024Un percorrido pola historia das gaitas a través de instrumentos que pasaron de man en man en diferentes familias ou que se conservan no Museo de Pontevedra. Esta é a proposta que desenvolven Rosa Sánchez e Pablo Carpintero este 16 de febreiro a partir 19 horas no Edificio Castelao do centro pontevedrés.
Susana Seivane volve máis forte co disco 'Sete'
Xénero:
| 28 / 12 / 2023Achegar o son da gaita a enfoques contemporáneos, máis sonoros e vibrantes, con contido máis pesado e poderoso, sen perder a esencia do xenuíno da interpretación é a intención de Susana Seivane con este novo traballo 'Sete'. O nome do álbum coloca o novo disco no seu posto na discografía da artista, tras aquel 'Dende o meu balcón' (2020) no que recollía os temas compartidos cos seu veciños en nas redes sociais durante o confinamento. O pasado sete de setembro, a gaiteira adiantaba 'Non é non’ o tema de apertura deste álbum, onde emprega a forza do seu instrumento para elevar o berro sinalando a lacra incesante na nosa sociedade da violencia de xénero. Para elo, rodeouse de multitude de artistas que tamén pronunciaron a súa repulsa contra este mal endémico: Luis Zahera, Elena Ferro, Iván Raña ou Carlos Blanco, entre outros, sumáronse a esta campaña iniciada pola artista. Ese tema, no que agaita comparte a súa forza coa dos instrumentos electricos e de percusión propios do rock abre un disco cheo de variedade sonora e no que hai un total de 12 temas, incluíndo xotas, pasodobres, muiñeiras e outras pezas como unha versión de 'Lela'. Composicións propias e tradicionais atópanse neste repertorio que Seivane defenderá hoxe no teatro Colón da Coruña no que será o su único concerto de presentación en Galicia de 'Sete'. Este xoves 28 ás 20:30 h seivane comparecerá ante o seu público acompañada de Miguel González no saxo, Iago Rodríguez no baixo, Alber Grela na guitarra e Carlos Freire na batería. O disco xa pode escoitarse nas platafromas dixitais.
Ailá presenta un disco de panxoliñas tradicionais
Xénero:
| 5 / 12 / 2023Oito panxoliñas tradicionais compoñen Ailá de Nadal. O grupo de música tradicional Ailá acaba de lanzar este volume no marco da campaña Nadal en rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten o álbum íntegro na súa canle de Youtube. O volume recolle cancións de aguinaldo como Aninovo de 1860, peza recollida no cancioneiro de Marcial Valladares, ou As xaneiras recollidas en Pazos de Borbén. Cantares de Reis de Bendollo, Vilardevós e Rianxo fan tamén parte do proxecto.
Culturgal expande a Vigo a súa programación
Xénero:
| 14 / 11 / 2023Por vez primeira desde o seu nacemento Culturgal, renomeado como Feira das Culturas Galegas, terá dúas sedes neste 2023. A organización do evento e máis a Deputación de Pontevedra anunciaban este 13 de novembro a programación Culturgal Expandido, que se desenvolverá na sede viguesa da institución provincial entre os días 23 e 24 de novembro.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos