Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Talabarte presentan Fake un libro-disco de historias e músicas incertas
Xénero:
| 19 / 10 / 2016"Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta Fake, o novo libro-disco de Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas. O trío formado en 2004 por Quim Farinha (violino), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico) presenta o seu segundo traballo discográfico que estará disponible a partires do 18 de novembro en formatos físicos e dixitais. Temas de este novo traballo poderán escoitarse hoxe mesmo no Opening Concert que abre o WOMEX en Santiago e no que estará o trío como parte da representación da música galega, xunto ao Cuerteto Caramuxo, ante os profesionais acreditados na feira. O libro-disco xira en torno a "fakes" históricos, sae á venda nun gran formato: un CD de 12 temas que vai insertado nun libro de 33x33cm de 50 páxinas con ilustracións de Pablo Pastor e textos de Carlos Meixide.
Os ourensáns Os Amigos dos Músicos presentan disco
Xénero:
| 4 / 10 / 2016Xa se poden escoitar en varias plataformas dixitais os primeiros temas do primeiro disco da banda ourensana Os Amigos dos Músicos. O disco, de título homónimo ao grupo, sairá á venda o vindeiro 14 de outubro. O selo Gran Derby Records representa á banda e edita este traballo. A banda está formada por Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera. xa está dispoñible o seu primeiro vídeo co tema A Bnada que abre o disco. O vídeo está escrito, dirixido e realizado por María Grande, artista que temén se encargou do deseño da portada do disco.
Pablo Carpintero e Lidia Nieves gañan o XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas
Xénero:
| 30 / 9 / 2016A reconstrución da gaita que se pode ver na ilustración da cantiga 350 das Cantigas de Santa Maria valeulle a Pablo Carpintero facerse co XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas na categoría tradicional. Este investigador da nosa música elaborou a partir do debuxo medieval unha gaita con dous punteiros e catro bordóns completamente funcional, a mudar as percepcións que existían sobre as gaitas medievais.
aCentral Folque publica Cantos de cego de Galiza e Portugal
Xénero:
| 14 / 9 / 2016Aínda que fixeron un adianto en xullo, no marco do encontro Zona da Zanfona, non foi ata o pasado 11 de setembro que César Prata e Ariel Ninas presentaron de xeito oficial Cantos de cego de Galiza e Portugal. O novo disco que publica aCentral Folque percorre este patrimonio sonoro das dúas bandas da raia a recuperar pezas recollidas directamente de informates e rescatadas de cancioneiros. O dúo galego-portugués de músicos parte dunha base de voz, zanfona e guitarra que complementan con instrumentos como concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas. Cantares de crimes, humorísticos, romances ou feitos históricos atópanse no álbum, que presentarán ao vivo ao longo deste outono. A vindeira cita para os escoitar será o 22 de setembro en Castelo Branco, Portugal.
Resonet homenaxea a lírica medieval galega en Cantiga
Xénero:
| 27 / 7 / 2016A formación musical Resonet, especializada en música antiga, presenta esta noite o seu novo disco Cantiga, no que fai un percorrido pola lírica medieval de trobadores galegos e portugueses dos séculos XIII e XIV. Son textos literarios que "foron creados para ser cantados" e dos que nalgúns casos, coma o Pergameo Vindel cos poemas de Martín Códax. O grupo fará a presentación do seu disco hoxe mércores 27 de xullo ás 20:00 na Igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
150 persoas compoñen a delegación galega no Festival de Lorient
Xénero:
| 22 / 7 / 2016A música de raíz galega contará cunha ampla presenza no Festival Intercéltico de Lorient, que cumpre este ano 46 edicións cunha xeira dedicada a Australia. En total serán 150 artistas, entre os dedicados á música e ao baile, os que participarán neste evento, que se desenvolve entre o 5 e o 14 de agosto, segundo informan desde a propia delegación. Riobó serán os primeiros en amosar o seu traballo no escenario, con actuacións no Palacio de Congresos o día 6 e no Gran Teatro o 8. Vaamonde, Lamas & Romero, pola súa banda, teñen concertos os días 9 e 10. En canto a grupos de baile e canto tradicional, Brincadeira ten unha apretada axenda con actuacións case diarias entre os días 6 e 13, ao igual que Cántigas e Froles e a banda de gaitas Malante de Malpica.
Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira
Xénero:
| 18 / 7 / 2016A coincidir coa súa presenza a fechar onte, domingo 17 de xullo, a última edición do Festival de Ortigueira, Milladoiro presentou o seu novo traballo. Milladoiro en Ortigueira é un CD-DVD que recolle a actuación da banda neste mesmo evento en 2014. Para alén dunha actuación ao vivo no que a banda percorre boa parte dos seus grandes éxitos, o volume achegar tamén un documental sobre a vila e os comezos e a evolución do seu célebre festival. O álbum, editado por Cormorán Producións, elaborouse coa colaboración do Concello de Ortigueira.
Linho do Cuco debuta en Discos da Máquina con Viva Viva!
Xénero:
| 12 / 7 / 2016Aínda que se anuncia con data de abril, e comezaron a presentalo na pasada primavera, non foi ata finais do pasado mes de xuño que saiu á venda Viva Viva!. Linho do Cuco presenta baixo o selo Discos da Máquina o seu cuarto álbum de estudio, no que a banda do Deza continúa a liña de exploración dos sons de banda de música desde as raíces folk: Desta volta, o octeto mesmo se atreve con achegamentos ao jazz e presenta tres temas cantados como grande novidade. Carlos Quintá, Benxamín Otero, Pablo Doval, Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Miguel Touriño, Pablo Pardo e Marcos Pérez mesturan rumbas, mazurcas ou jotas sempre a manter un son bailable e festivo.
Zurrumalla continua de festa con Camiño por ti
Xénero:
| 25 / 5 / 2016Tardaron once anos en publicar o seu primeiro álbum, pero semella que os vigueses de Zurrumalla están a lle coller o ritmo. Catro anos depois daquel O que había... e o que hai ve a luz Camiño por ti. O novo álbum, que se á luz da man de Inquedanzas Sonoras, achega dezasete temas de estilos variados a manter o estilo peculiar do sexteto, que mestura acordeóns, gaitas, perdusións e saxo nun son que anova a partir da nosa tradición. O álbum gravouse nos estudios A Lagharteira e Ancestral Estudios, por Isaac Millán. A banda anuncia a súa vindeira actuación o vindeiro 21 de xuño no Festival Benéfico da ELA en Cangas.
Pedro Lamas e Alberto Somoza triunfan nos Premios Opinión de Música de Raíz
Xénero:
| 13 / 5 / 2016Os Premios Opinión de Música de Raíz tiveron onte un dúo de gañadores claro. Pedro Lamas e Alberto Somoza, impulsores e coordinadores da Orquestra de Jazz de Galicia impuxéronse en dúas das tres categorías destes galadóns. En concreto, levaron o premio ao mellor artista e mais o de mellor disco por Fame, álbum de debut desta formación, que basea o seu repertorio na nosa tradición musical pasada por un filtro de jazz. Segundo explica Óscar Losada, crítico musical do xornal La Opinión na presentación dos finalistas "a presenza da orquestra de Jazz de Galicia cun proxecto baseado estritamente en música tradicional galega marca un punto de inflexión na nosa música. Guste máis ou menos estamos diante dun traballo histórico que foi quen de unir dous mundos que non tiñan demasiada convivencia e fixérono con moita soltura". Canda a eles, o mellor tema do ano foi Libre para voar, de Sérgio Tannus, que se inclúe no novo disco de Sonia Lebedynski,
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos