Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Carlos Núñez celebra 20 anos de 'A Irmandade das Estrelas' cunha xira internacional
Carlos Núñez celebra 20 anos de 'A Irmandade das Estrelas' cunha xira internacional
decembro 15, 2016
Por estas datas do ano 1996 Carlos Núñez presentaba o seu primeiro disco asinado en solitario A irmandade das estrelas, no que o gaiteiro vigués reunía as colaboracións de grandes personalidades musicais a moitas das cales xa estaba unido anteriormente no seu percorrido profesional. O disco foi un enorme éxito e marcou un momento especial, achegando a música de raíz celta feita en Galicia non só a España se non tamén ao circuíto internacional. Agora Carlos Núñez celebra o vinte aniversario deste fito cunha xira internacional na que invita a artistas novos de toda a península para crear un novo espectáculo. A xira, que comezou o pasado día 8 de decembro en Málaga, percorrerá 17 cidades de España e 15 dos EE.UU. rematando o 9 de abril no Fairmount Theater de Montreal, en Canadá. Tres das datas principais, arredor do Nadal, terán lugar en Galicia: o día no Teatro Rosalía da Coruña; o 23 na súa cidade natal no teatro AFundación; o día 26 no Teatro Jofre de Ferrol.
Neste concerto especial o gaiteiro ofrecerá unha viaxe polo seu universo musical conectando as tradicións celtas de Galicia, Irlanda, Escocia ou Bretaña e incorporando de forma pioneira tradicións musicais de toda a península. Na recentemente estreada película de Carlos Saura Jota Núñez xa traballou cos músicos que formarán parte de este espectáculo gravando con eles a parte denominada A Irmandade das estrelas 2 e fai uns días dirixiu a 75 músicos na Catedral de Santiago de Compostela para facer un concerto histórico no que soraon xuntos por vez primeira todos os instrumentos da Orquestra do Pórtico da Gloria, esculpidos en pedra polo Mestre Mateo no século XII.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 1/ 2014 | Carlos Núñez repasa o legado celta no seu novo disco
- 5/ 10/ 2012 | Carlos Núñez presenta Discover cunha xira americana
- 22/ 2/ 2007 | Carlos Núñez recrea un universo sonoro cinematográfico no seu álbum “cinema do mar”
- 24/ 6/ 2002 | Carlos Núñez estréase nun Festival de Ortigueira que cumpre 18 anos