Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Vigo presenta a terceira edición do seu festival internacional de jazz con dúas semanas dedicadas a este xénero na cidade

III IMAXINA SONS

Vigo presenta a terceira edición do seu festival internacional de jazz con dúas semanas dedicadas a este xénero na cidade

JAZZ/BLUES | marzo 31, 2007

not_9695.jpg

O Festival Internacional de Jazz IMAXINA SONS que se celebrará en Vigo do 21 de xuño ó 1 de xullo converterá a cidade nun centro de referencia do jazz europeo. Durante dúas semanas a cidade encherase con máis de setenta actuacións creando un ambiente festivo arredor do evento. O Festival é unha iniciativa do Concello de Vigo que naceu co obxectivo de dar cabida dentro da escena musical galega ao jazz realizado en Europa. Así actuarán ante os vigueses algúns dos artistas máis representativos do jazz galego como o Kin García Trío, Nani García, S.O.S. Trío ou o Xacobe Martínez Quinteto, ademais da Imaxina Sons Orquestra. Tamén estarán presentes grandes figuras do jazz europeo como Chano Domínguez e haberá un programa de actividades paralelas. Na presentación oficial do programa a alcaldesa Corina Porro entregou á viúva de Tete Montoliu unha placa conmemorativa.


Máis información no Xornal de Vigo