Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A música tradicional galega está presente no festival Popkomm de Berlín a través dunha colección de Ouvirmos

OUVIRMOS EN BERLíN

A música tradicional galega está presente no festival Popkomm de Berlín a través dunha colección de Ouvirmos

FOLK | setembro 20, 2006

imaxe non dispoñible

Hoxe comeza en Berlín o “Popkomm” un dos festivais de música máis importantes de Europa que ofrece tres tipos de actividades: exhibición, congresos e festival. Nesta feira, á que asisten uns 15.000 visitantes, haberá un expositor “Sounds from Spain” no que haberá representación galega. A música do país que estará presente na capital alemana chega da man do selo Sarriá Ouvirmos que levará a colección A Tiracolo, na que recupera gravacións de música tradicional galega.

Máis información no web do evento (en inglés e en alemán) e no web de Ouvirmos