Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega
Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega
setembro 25, 2013
Concerto na Alameda. 1929 é o título do disco que acaba de publicar Ouvirmos e que recupera as que, segundo asegura a discográfica, son as primeiras gravacións dunha banda de música en Galicia. En total son dez pezas que inclúen pasodobres, muiñeiras ou jotas, así como as pezas Leria... Leria de Brage e a muiñeira Flor de Cardo de Ricardo Courtier. As cancións foron interpretadas por 25 músicos dirixidos polo mestre Félix Molina, e saíron editadas pola casa Regal. O volume está dispoñible exclusivamente en formato dixital no marco da colección A tiracolo.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 3/ 2017 | Ouvirmos recupera a compositora Eugenia Osterberger
- 14/ 1/ 2016 | Ouvirmos rescata o legado musical dos Carricoba
- 9/ 4/ 2008 | Ouvirmos presenta unha audiobiografía de Celso Emilio Ferreiro
- 8/ 2/ 2008 | Ouvirmos recupera gravacións do coro Cantigas da Terra nos anos vinte
- 1/ 2/ 2008 | Unha formación lucense fixo a primeira gravación do himno galego